"Luz verde" ao novo nó de Bombeiros, que o Goberno licitará a principios de 2022
Por Alejandro Espiño
O proxecto de remodelación do Enlace Pontevedra Norte coa autoestrada AP-9, coñecida popularmente como nó de Bombeiros, foi desbloqueado. O Goberno licitará esta obra, orzada nuns 7 millóns de euros, a principios de 2022.
Así o anunciou no Congreso o secretario xeral de Infraestruturas, Sergio Vázquez Torrón, tras unha pregunta formulada polo deputado socialista Guillermo Meijón.
Tras lembrar a "larga historia" que hai detrás desta actuación, o responsable do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana explicou que o Goberno xa deu "luz verde" a este proxecto, para o que reservou 2,25 millóns nos seus orzamentos para o próximo ano.
Ese diñeiro, engadiu Vázquez Torrón, "es el que pretendemos ejecutar en el próximo ejercicio", aínda que o Executivo central xa consignou outros cinco millóns para 2023.
O secretario xeral de Infraestruturas lamentou que tendo Pontevedra no seu momento un presidente e unha ministra de Fomento desta cidade, en alusión a Mariano Rajoy e Ana Pastor, "no hicieron nada por impulsar esta actuación".
O protocolo de colaboración asinado polo Goberno do PP con Audasa establecía, segundo Sergio Vázquez Torrón, que a concesionaria da autoestrada redactaría o proxecto e financiaría a obra, cargando o custo final aos cidadáns cunha subida de tarifas.
"Esa era la intención del Gobierno de Rajoy", engadiu.
Pero agora "para no añadir nuevas cargas" aos usuarios da AP-9, será o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana "el que asuma la totalidad del coste".
Para poder adxudicar as obras, aclarou o representante de Infraestruturas, o Goberno deberá dispoñer dunha serie de terreos municipais "que ocupan parte del parque de bomberos", pero asegura que "no será un trámite que demore las obras".
A este respecto, detallou que "tendrá que haber una permuta de terreos" por outros que son propiedade do Ministerio e esa tramitación "será en paralelo a las obras".
Vázquez Torrón finalizou a súa intervención na Cámara Baixa afirmando que este proxecto "largamente esperado" por Pontevedra "creemos que va a mejorar la movilidad de los ciudadanos".
Relacionadas:
-
"Inminente" licitación do novo Nó de Bombeiros, que estará en obras en 2023
Por Alejandro Espiño |
-
Desvíos de tráfico nocturnos esta semana na AP-9 polas obras de rehabilitación do paso superior do Nó de Bombeiros
Por Redacción |
-
Lores espera que nos próximos tres meses o Ministerio licite a reforma do nó de bombeiros
Por Oskar Viéitez |
-
Outro 3% máis caro será circular pola AP-9 a partir do 1 de xaneiro
Por Alejandro Espiño |
-
O corpo de bombeiros de Pontevedra incorpora unha nova zodiac con tecnoloxía pioneira no Estado
Por Redacción |
-
Lores, "preocupado" porque a A-57 se está "eternizando no tempo"
Por Alejandro Espiño |
-
Os orzamentos do Estado centran os seus investimentos na A-57, o nó de bombeiros e o porto de Marín
Por Oskar Viéitez & Alejandro Espiño |