O Estado só pagou o 10% do paseo entre Pontevedra e Marín
Por Redacción
A pesar de que as obras da primeira fase do paseo marítimo entre Pontevedra e Marín remataron hai meses, o Goberno só pagou o 10% do proxecto, uns 220.000 euros dos 2,1 millóns que custa esta infraestrutura. Do resto, nada se sabe.
Así o recoñece o executivo central en senllas preguntas que o PP rexistrou tanto no Congreso coma no Senado para coñecer a porcentaxe de execución do proxecto, os gastos comprometidos e que actuacións estaban feitas con data do 31 de agosto.
Os populares esixen "explicacións claras" sobre o estado do paseo e reclaman saber, entre outras cousas, por que só unha pequena parte da obra cumpre cos requisitos para facer os pagos, a pesar de que os traballos executados teñen comprometidos 1,4 millóns.
O PP sospeita que podería haber algún problema coa adxudicataria ou cos permisos, pero en todo caso lamentan que o proxecto estea bloqueado.
Recordan que as obras comezaron en xullo de 2020 e tiñan un prazo de novo meses para a súa execución.
"O atraso é evidente, que hai un problema de fondo que están escondendo, tamén", apuntan os populares, que cualifican de "chapuza" o que está pasando con este paseo, porque á espera da súa inauguración "xa presenta signos de deterioro e malezas por certas zonas".
Relacionadas:
-
Pilar Rojo denuncia que o Goberno central "volve a dar largas" sobre o paseo a Marín
Por Redacción |
-
Ana Pastor censura a "tomadura de pelo" do Goberno de Pedro Sánchez con Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O PP critica que PSOE e BNG non desbloqueen a situación "bochornosa" do paseo de Pontevedra a Marín
Por Redacción |
-
Os orzamentos do Estado centran os seus investimentos na A-57, o nó de bombeiros e o porto de Marín
Por Oskar Viéitez & Alejandro Espiño |