Desvíos de tráfico nocturnos esta semana na AP-9 polas obras de rehabilitación do paso superior do Nó de Bombeiros

Por Redacción

© Mitma

© Mitma
Os condutores que utilicen o paso superior do Nó de Bombeiros de Pontevedra en horas nocturnas entre o vindeiro luns 8 de agosto e o xoves 11 de agosto atoparanse con desvíos de tráfico e un itinerario alternativo tanto se usan esta ligazón da autoestrada AP-9 para ir cara a Vigo coma se o fan para ir cara a Santiago de Compostela.
O motivo destes desvíos son as obras que o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (Mitma) vai comezar o luns para a rehabilitación do firme neste paso superior da ligazón de Pontevedra Norte na AP-9, o coñecido como Nó de Bombeiros.
As obras farán necesario cortar o tráfico nos dous ramais os días 8, 9 e 10 de agosto entre as 22.00 horas e as 06.00 horas. As afeccións á circulación finalizarán o xoves 11 de agosto ás 06.00 horas.
Os ramais cortaranse ao tráfico de forma alternativa durante as franxas horarias indicadas e, para iso, habilitaranse itinerarios alternativos debidamente sinalizados.
Os condutores que circulen en sentido Pontevedra-Santiago de Compostela para entrar na autoestrada deberán tomar o mesmo ligazón (129), pero en sentido sur e realizarase un cambio de sentido a través da saída 132-A (Pontevedra Sur) da autoestrada e a estrada PO-11 ata a Ligazón de Marín. Finalmente, tomarase de novo a estrada PO-11 en sentido contrario ata a saída 1B que permitirá incorporarse á autoestrada no quilómetro 132 en sentido norte.
No caso daqueles que circulen en sentido Vigo-Pontevedra, deberán tomar a saída anterior (132-A (Pontevedra Sur)) e posteriormente circularán tal e como se mostra na figura que acompaña esta información.
Relacionadas:
-
A partir deste luns, desvíos de tráfico na AP-9 por obras no Nó de Bombeiros
Por Redacción |
-
Lores espera que nos próximos tres meses o Ministerio licite a reforma do nó de bombeiros
Por Oskar Viéitez |
-
Os Orzamentos do Estado son, segundo o PSOE, "unha magnífica nova para Pontevedra"
Por Oskar Viéitez |
-
"Luz verde" ao novo nó de Bombeiros, que o Goberno licitará a principios de 2022
Por Alejandro Espiño |
-
Os orzamentos do Estado centran os seus investimentos na A-57, o nó de bombeiros e o porto de Marín
Por Oskar Viéitez & Alejandro Espiño |