Nova protesta veciñal en Monte Porreiro para demandar diálogo e investimentos ao goberno local
Por Mónica Patxot & Redacción
Cunha pancarta co lema 'Monte Porreiro no se peatonaliza. Demetrio dialoga o dimite', un número importante de veciños concentrábanse durante a tarde deste sábado na rúa Alemaña do barrio pontevedrés.
É unha nova protesta dentro da campaña de mobilizacións organizada pola Asociación O Mirador, que preside Carlos Diéguez. O representante do colectivo explica que a veciñanza se opón unicamente á peonalización desa rúa, como pretendía o goberno local que dirixe Miguel Anxo Fernández Lores, pero demandan que se fagan os investimentos previstos.
Ademais, Diéguez mostra o seu malestar porque o concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, botou a culpa ao presidente da asociación veciñal de que se bloquee o plan previsto para o barrio. Por este motivo, presentaba esta semana un escrito reclamando unha reunión co alcalde da cidade e co propio concelleiro para coñecer os proxectos que ten previsto poñer en marcha o goberno local en Monte Porreiro.
A veciñanza considera que existen importantes carencias con este punto do municipio e lembran a necesidade de que se ofreza información sobre as novas liñas de transporte urbano; alertan sobre a falta de pediatra para esta zona e piden transparencia e diálogo desde a administración local.
Relacionadas:
-
O PP pedirá no pleno un investimento de cinco millóns de euros para melloras en Monte Porreiro
Por Anxo Lourido |
-
A Xunta non humanizará Monte Porreiro: "Se está abandonado é responsabilidade do Concello"
Por Alejandro Espiño |
-
Os veciños de Monte Porreiro piden o dobre sentido na rúa Francia para reducir o tráfico pola rúa Alemaña
Por Manu Otero |
-
A falta de entendemento entre a asociación de veciños e o Concello paraliza os investimentos en Monte Porreiro
Por Manu Otero |
-
Demetrio Gómez recibirá á Asociación O Mirador e o PP critica que non vaia o alcalde
Por Oskar Viéitez |
-
O bus urbano inicia unha nova andaina con incorporación de paradas e percorridos perimetrais
Por Anxo Lourido |
-
Veciños piden dialogar con Lores e Demetrio Gómez para coñecer os novos plans do Concello para Monte Porreiro
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Domínguez: "No vamos a permitir que, por el cabreo del BNG, no se hagan las inversiones previstas en Monte Porreiro"
Por Anxo Lourido |
-
O PP critica o "ridículo" do Concello en Monte Porreiro e esixe melloras para o barrio
Por Redacción |
-
Os veciños consideran unha "burla máis" que se paralice a humanización de Monte Porreiro
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
O Concello 'aparca' o proxecto de humanización de Monte Porreiro
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Centos de veciños de Monte Porreiro empezan a batalla contra unha peonalización que "de ningún xeito imos consentir"
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |