O PP pedirá no pleno un investimento de cinco millóns de euros para melloras en Monte Porreiro

Por Anxo Lourido
Rafa Domínguez, presidente local do Partido Popular de Pontevedra, presentará no pleno previsto para o 20 de xaneiro unha moción centrada no barrio de Monte Porreiro ao entender que se trata "dun dos máis abandonados de Pontevedra".
O representante do PP considera que "foi un barrio abandonado polo señor Lores, polo BNG e polos seus socios do PSOE. Non se fixo ningunha obra de entidade e estase permitindo a deterioración de forma continua", apunta Domínguez para afirmar que, desde antes do último mandato, o Concello de Pontevedra evita realizar intervencións importantes nesta zona da cidade.
Lembra que cando se promoveu unha iniciativa municipal para asumir reformas provocou unha reacción veciñal que "chocou cos intereses de Lores" e o popular entende que, por este motivo, o goberno local "castigou os veciños" sen facer ese investimento nin destinar ese diñeiro a outra actuación.
"Non entendo o castigo a 8.000 veciños", lamentábase Domínguez que, tras manter encontros con representantes do barrio e visitar a zona, entende que é necesario que o Concello mellore as beirarrúas de Monte Porreiro con ampliacións nalgunhas rúas, cambio de lousas e limpeza de maleza.
Tamén reclama a humanización da Rúa Alemaña, petición que os populares xa solicitaran anteriormente e que queren que se faga extensiva a todas as rúas de Monte Porreiro a través dun plan de humanización. Reclaman un 50% máis de puntos de luz para que "haxa calidade lumínica", que ofreza seguridade ao barrio.
Ademais demanda unha ampliación e mellora do servizo de limpeza en Monte Porreiro, onde actualmente só hai unha persoa encargada destes traballos, afirma Domínguez. Sinala que é precisa unha intervención no Parque do Mirador, como recollera noutra moción, denunciando que o mobiliario urbano atópase estragado, con pintadas e áreas que non están cubertas debidamente.
Por último, Rafa Domínguez solicita obras no campo de fútbol e no pavillón de deportes do barrio que presentan deficiencias.
O PP esixirá no pleno que o goberno local busque unha fórmula para dispoñer de cinco millóns de euros para acometer o inicio de todos estos traballos. O portavoz popular insiste en que Monte Porreiro atópase esquecido porque "non se fai ningunha obra" e sinala que calquera moción que se presenta para a súa mellora vótase en contra polo grupo de goberno.
Relacionadas:
-
Rexeitada no pleno a moción do PP para investir cinco millóns de euros en Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Domínguez pedirá no pleno un debate anual sobre o estado do municipio
Por Anxo Lourido |
-
Queixas do PP ante a escaseza de iluminación de Nadal en barrios e parroquias
Por Redacción |
-
A estrea do parque canino de Monte Porreiro, á espera de que brote o céspede
Por Redacción |
-
Domínguez cre que é insuficiente a recollida de lixo e alerta da proliferación de roedores
Por Redacción |
-
As obras da nova pista multideporte e do parque canino de Monte Porreiro comezarán en setembro
Por Redacción |
-
Os veciños de Monte Porreiro piden o dobre sentido na rúa Francia para reducir o tráfico pola rúa Alemaña
Por Manu Otero |
-
A falta de entendemento entre a asociación de veciños e o Concello paraliza os investimentos en Monte Porreiro
Por Manu Otero |
-
Nova protesta veciñal en Monte Porreiro para demandar diálogo e investimentos ao goberno local
Por Mónica Patxot & Redacción |