
© Mónica Patxot
A falta de entendemento entre a asociación de veciños e o Concello paraliza os investimentos en Monte Porreiro

Por Manu Otero

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot
O cume entre o Concello e a Asociación de Veciños O Mirador de Monte Porreiro pechou sen ninún tipo de acordo. Nun ambiente tensionado, o encontro serviu para dar carpetazo definitivo ao proxecto de humanización da rúa Alemaña polo rexeitamento deste colectivo que, segundo o concelleiro de Obras Públicas, Demetrio Gómez, só quere que se renoven as beirarrúas e o asfalto de diferentes rúas do barrio, así como outras melloras relacionadas co aparcamento ou o transporte público.
Admite o edil que a oposición da agrupación veciñal ao proxecto presentado polo Concello non é á totalidade, con todo puntualiza Gómez que non é posible executar o plan dunha forma parcial.
Ambas as partes coinciden en que Monte Porreiro require investimento, que segundo o nacionalista, pode ser dun millón de euros, o valor do proxecto da humanización, ou mesmo máis.
Con todo, explica o nacionalista, a redacción dun novo proxecto non é algo que se faga "dun día para outro" polo que as melloras reclamadas polos residentes terán que esperar. Aínda así, existe unha serie de actuacións urxentes como o abastecemento de auga ou o desdobramento do tráfico nalgunha das rúas do barrio que o goberno local tratará de dar prioridade.
Outras demandas veciñais que se trataron nesta reunión, na que quedou evidente a falta de entendemento entre o colectivo veciñal e o concelleiro, pasan polo arranxo das paradas de autobús do centro social e do instituto, así como a creación dunha zona de aparcamento na rúa Reino Unido, actuación tamén demandada pola plataforma Monte Porreiro Quere Avanzar.
Sobre a actitude crítica da asociación O Mirador, dixo Demetrio Gómez que "son libres de actuar como queiran" pero recoñeceu que "é dificil negociar" cun colectivo que "protesta para parar unha cousa e despois para que se faga".
Os integrantes da Asociación de Veciños O Mirador teñen prevista unha asemblea a última hora da tarde deste xoves e acordaron non facer ningún tipo de valoración deste encontro ata este venres, cando teñen prevista unha comparecencia pública para ofrecer a súa versión do ocorrido.
Relacionadas:
-
O PP pedirá no pleno un investimento de cinco millóns de euros para melloras en Monte Porreiro
Por Anxo Lourido |
-
Comeza a instalación da rede de auga potable en tres edificios da rúa Cambria do barrio de Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Veciños de Monte Porreiro, funcionarios e bombeiros únense para denunciar a "falta de diálogo" do goberno municipal
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
'Monte Porreiro Quere Avanzar' pide unha solución para as carreiras ilegais e os 'trompos' detectados en varias rúas do barrio
Por Redacción |
-
A Xunta non humanizará Monte Porreiro: "Se está abandonado é responsabilidade do Concello"
Por Alejandro Espiño |
-
Os veciños de Monte Porreiro piden o dobre sentido na rúa Francia para reducir o tráfico pola rúa Alemaña
Por Manu Otero |
-
Demetrio Gómez recibirá á Asociación O Mirador e o PP critica que non vaia o alcalde
Por Oskar Viéitez |
-
Nova protesta veciñal en Monte Porreiro para demandar diálogo e investimentos ao goberno local
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Veciños piden dialogar con Lores e Demetrio Gómez para coñecer os novos plans do Concello para Monte Porreiro
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Domínguez: "No vamos a permitir que, por el cabreo del BNG, no se hagan las inversiones previstas en Monte Porreiro"
Por Anxo Lourido |
-
O PP critica o "ridículo" do Concello en Monte Porreiro e esixe melloras para o barrio
Por Redacción |
-
Os veciños consideran unha "burla máis" que se paralice a humanización de Monte Porreiro
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
O Concello 'aparca' o proxecto de humanización de Monte Porreiro
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada