Transición Ecolóxica convoca para este mércores a mesa de traballo sobre o futuro de ENCE
Por Oskar Viéitez
A vicepresidenta cuarta e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera convocou para o vindeiro mércores 21 de abril, ás 17.00 horas, en Madrid, a primeira reunión da mesa de traballo sobre o futuro da fábrica de Ence na ría de Pontevedra.
Teresa Ribera cumpre así o compromiso adquirido co comité de empresa da fábrica de Lourizán de habilitar "un espacio de diálogo, donde buscar fórmulas que den continuidad a los puestos de trabajo de Ence en Pontevedra".
A ministra anunciara a súa intención de convidar a participar nesta mesa de negociación á dirección da compañía pasteira, os representantes dos traballadores da factoría e os do sector de transportes e forestal e ás administracións implicadas.
A portavoz do goberno local do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías, confirmou a participación do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores xunto ao director xeral de Urbanismo "para trasladar a posición que vimos mantendo desde hai máis de 20 anos neste concello".
Gulías lembrou que para o Concello o traslado da fábrica "é unha cuestión de necesidade imperiosa" por tres motivos básicos, primeiro por "calidade democrática" que ten que ver coa concesión dunha "prórroga fraudulenta". A este argumento engaden unha "cuestión de equidade" xa que "non pode ter esta factoría un tratamento diferenciado do resto de empresas e de industrias da nosa comarca" e finalmente apuntou a recuperación para a cidadanía duns terreos públicos e a "garantía e seguridade" no medio ambiente.
A portavoz municipal indicou que Fernández Lores participará nesa mesa de traballo coa "vontade firme de reclamar formalmente a quen ten competencias no asunto que tomen unha determinación sobre o traslado efectivo" e farao "escoitando a todas as partes pero mantendo firme nosa posición".
Por parte da Xunta asistirá a esta reunión o conselleiro de Industria e vicepresidente segundo do goberno galego, Francisco Conde, como el mesmo confirmou este luns nunhas declaracións en San Caetano.
Francisco Conde dixo que nesta xuntanza a Xunta "trasladará unha mensaxe clara" para que "o Goberno poida rectificar" e durante a tramitación no Senado "poida suprimir" o artigo 18 da Lei de Cambio Climático "que entendemos que supoñería establecer unha data de peche na planta de Ence".
"Nós entendemos que temos que dar unha solución desde o punto de vista da viabilidade e continuidade da planta de Ence", engadiu o conselleiro.
Conde insistiu en que "entendemos que á marxe do proceso xudicial que está aberto na Audiencia Nacional o que non podemos é ter unha lei que establece unha data de peche dunha empresa".
Relacionadas:
-
O comité de ENCE volve á rúa para esixir avances na mesa de traballo polo futuro da fábrica
Por Manu Otero |
-
A APDR critica os "recursos e esforzos consumidos" por Transición Ecolóxica na mesa sobre o futuro de Ence
Por Redacción |
-
ENCE e a Xunta aceptan estudar "novos escenarios" para un posible traslado
Por Alejandro Espiño |
-
Núñez Feijóo: "Ou o Goberno cambia de opinión ou, desta vez, ENCE pecha"
Por Alejandro Espiño |
-
O PSOE agarda que a mesa de traballo sobre o futuro de ENCE sirva para "chegar a acordos"
Por Redacción |
-
Gonzalo Caballero afirma que "a situación de Ence en Pontevedra non cambiou coa aprobación da Lei de Cambio Climático"
Por Oskar Viéitez & Isabel Feijóo Gallardo |
-
O comité de empresa de Ence reclama ao Goberno que inicie xa a negociación sobre o futuro da factoría
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Bará acusa o PP e a ENCE de usar empresas de mar-industria como "escudo humano"
Por Redacción |
-
Lores asistirá "por cortesía" á mesa de traballo de ENCE pero non ve "imprescindible" a súa presenza
Por Alejandro Espiño |
-
O presidente de Zona Franca ofrécese a participar na mesa sobre Ence e afirma que "non pode seguir na Ría de Pontevedra"
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Comisións Obreiras confía na ministra Ribera e rebaixará a intensidade das mobilizacións no conflito de ENCE
Por Oskar Viéitez |