Comisións Obreiras confía na ministra Ribera e rebaixará a intensidade das mobilizacións no conflito de ENCE
Por Oskar Viéitez
A presidenta do comité de oficinas de Ence en Pontevedra, Ana Cedeira e o secretario de organización comarcal de Comisións Obreiras, José Luis García Pedrosa, compareceron este xoves en rolda de prensa para informar da reunión mantida este mércores coa ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, de quen confían no seu compromiso de que o artigo 18.4 da nova Lei de Cambio Climático non se aplicará de forma retroactiva á concesión da fábrica pasteira de Lourizán.
Unha vez obtido este compromiso por parte da ministra o sindicato anunciou que rebaixará a intensidade das mobilizacións que viña protagonizando aínda que continuará coas protestas na rúa.
De feito xa avanzaron as súas próximas mobilizacións serán o día 26 de marzo ante a sede da Deputación de Pontevedra e a Subdelegación do Goberno aínda que xa non pedirán a eliminación deste artigo da Lei de Cambio Climático senón que reclamarán a convocatoria dunha mesa de negociación para abordar o futuro de Ence e a continuidade dos postos de traballo da fábrica de Lourizán.
Ana Cedeira indicou que as mobilizacións serven para que a cidadanía visibilice o alcance e repercusión que tendía o peche da factoría de celulosas.
Ademáis aseguraron que non acudirán ao pleno do Concello de Pontevedra onde o grupo de goberno local espera declarar persoa non grata ao presidente de Ence, Ignacio de Colmenares e Brunet. "Tampouco temos ningunha fixación especial co Concello", dixo Pedrosa.
Segundo trasladaron, a ministra reiterou que o que si afecta á permanencia de Ence na ría é o recurso xudicial sobre a prórroga da súa concesión, pendente de resolución nos tribunais. Neste sentido tamén lles asegurou"que bajo ningún concepto se iba a presentar ningún recurso contra la sentencia de la Audiencia Nacional por parte de ese Ministerio" segundo resumiu Ana Cedeira.
Tras o encontro coa ministra, García Pedrosa asegura estar "moderadamente satisfeito" porque se abre unha "porta ao diálogo" na que, grazas á súa presión, segundo dixeron, estarán representados "todos os afectados" por un hipotético peche da pasteira, é dicir, os traballadores da fábrica e tamén os das empresas auxiliares, o sector forestal e o loxístico, ademais das tres administracións: Xunta, Goberno central e o Concello de Pontevedra.
Tanto Ana Cedeira como García Pedrosa culparon de "obstaculizar" este encontro con Teresa Ribera ao delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e ao secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, entre outros dirixentes do socialismo en Galicia como Guillermo Meijón ou Tino Fernández.
Relacionadas:
-
Transición Ecolóxica convoca para este mércores a mesa de traballo sobre o futuro de ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
O comité de empresa de Ence reclama ao Goberno que inicie xa a negociación sobre o futuro da factoría
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Traballadores de Ence concéntranse fronte á Deputación durante a celebración do pleno
Por Manu Otero |
-
Ence chega ao Parlamento: o PP di que non hai plan B para o emprego, o PSOE pide diálogo e o BNG, sacar a fábrica da ría
Por Manu Otero |
-
A Xunta aínda non foi convocada para participar nunha mesa de diálogo sobre ENCE
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A corporación condena a "violencia" de ENCE e declara o seu presidente "non grato" en Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Mosquera asegura que o PP "uniu o seu destino" a ENCE "a saber a cambio de que"
Por Redacción |
-
O Goberno comprométese a convocar ás partes implicadas para abordar o futuro dos postos de traballo de ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
Rueda advirte que a Xunta loitará "ata o último momento" por manter os empregos de ENCE
Por Alejandro Espiño |
-
A ministra afirma que a situación de Ence "no tiene nada que ver con la Ley de Cambio Climático"
Por Oskar Viéitez |