Nivel máximo de restricións para O Grove e alto para A Illa de Arousa mentres Sanxenxo pasa a nivel medio

Por Redacción
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19 mantivo un encontro na tarde deste martes 6 de abril e decidía acordar o nivel máximo de restricións para o Concello do Grove e tamén para Pobra do Caramiñal.
O incremento nas últimas xornadas dos casos positivos no municipio grovense facían presaxiar esta decisión. O alcalde José Antonio Cacabelos xa afirmaba durante a Semana Santa a súa preocupación polos novos contagios que, segundo entendía, estaban a producirse no ámbito familiar. As cifras de contaxios - 36 positivos rexistráronse na xornada do luns - preocupan na Consellería de Sanidade e por iso decidiuse adoptar esta decisión de nivel máximo de restricións.
Este nivel supón o peche perimetral do municipio, as reunións estarán limitadas a conviventes tanto en espazos públicos como privados e, ademais, supoñerá o peche total dos establecementos de hostalería, salvo para realizar servizos a domicilio e para que os clientes leven comidas ou bebidas ás súas vivendas.
A asemblea de expertos tamén decidía establecer un nivel alto de restricións en seis concellos galegos, un deles é A Illa de Arousa, ademais de Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei e Carral.
A situación, pola contra, mellorou en municipios que pasaron a Semana Santa en nivel alto de restricións e que agora pasan ao nivel medio. É o caso dos concellos turísticos de Sanxenxo e Baiona. Tamén Meis, Moaña, Cangas, Gondomar, Boimorto, O Carballiño, Padrenda, Cortegada e Beade atópanse agora neste nivel.
No resto dos concellos de Galicia manteranse as restricións fixadas actualmente cun nivel medio baixo.
Os cambios nas medidas entrarán en vigor a partir das 00.00 horas do próximo venres 9 de abril. Este mércores o conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña explicase as medidas adoptadas con detalle.
Relacionadas:
-
O Grove mantense no nivel máximo de restricións e crece a preocupación en Marín, en nivel medio
Por Natalia Puga |
-
O nivel máximo de alerta mantense no Grove e seis concellos da área sanitaria soben ao nivel medio
Por Redacción |
-
Adiántase 24 horas a aplicación das medidas nos cambios de niveis de restricións
Por Redacción |
-
Tres pacientes máis no hospital e 23 novos positivos nunha xornada na área sanitaria
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
A pandemia segue en situación de meseta á espera de coñecer os efectos da Semana Santa
Por Manu Otero |
-
A área sanitaria suma 22 novos contaxios diarios e volve ter 20 pacientes nos hospitais
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Sanidade organiza unha vacinación masiva para persoas de 75 a 79 anos e entre 60 e 65 anos
Por Alejandro Espiño |