Novo incendio en Viascón. "Non pode ser casual", afirma Rueda
Por Oskar Viéitez
Medio Rural traballou na tarde deste martes para apagar outro incendio forestal localizado nos montes de Viascón. O sexto rexistrado no mesmo día no municipio de Cerdedo-Cotobade.
Nos labores de extinción ocupáronse 6 helicópteros, 1 avión, 3 axentes, 8 brigadas, 5 motobombas e unha escavadora.
Tamén pola tarde os fortes refachos de vento do nordeste reavivaron un foco nos montes de Almofrei que foi atacado por dous helicópteros, unha motobomba, unha brigada e un axente.
Do mesmo xeito que fixo a Consellería do Medio Rural, que considera que hai unha "clara intencionalidade" nestes incendios, o vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda trasladou unha mensaxe de ánimo a todos os veciños de Cerdedo Cotobade e declarou que a coincidencia de todos estes lumes no monte "Non pode ser casual".
"Ánimo, e recordade que a loita contra os incendiarios é tarefa de todos. Se ves lume chama 085", dixo o número dous do Goberno galego na súa conta de Twitter.
Ademais do 085 existe un número de teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade incendiaria (900 815 085).
Relacionadas:
-
Un incendio forestal en Aguasantas arrasa 65 hectáreas de monte
Por Redacción & Oskar Viéitez |
-
Amplían ata outubro o operativo de extinción de incendios de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
27 patrullas militares participarán na Operación Centinela Gallego a partir do 15 de agosto
Por Redacción |
-
Cotobade loita contra o acoso dos incendiarios
Por Oskar Viéitez |
-
Cerdedo-Cotobade activa un plan para protexer as súas 18.000 hectáreas forestais
Por Redacción |
-
Os cinco incendios en Cerdedo-Cotobade foron obra de "criminais", segundo o alcalde
Por Alejandro Espiño |
-
Alertan de cinco incendios forestais en Cerdedo-Cotobade no prazo dunha hora
Por Diego Espiño | Creada e actualizada