Un incendio forestal en Aguasantas arrasa 65 hectáreas de monte
Por Redacción & Oskar Viéitez
Un incendio que se declarou pouco antes das dúas da madrugada arrasou, segundo as estimacións oficiais, unhas 65 hectáreas de monte en Aguasantas (Cerdedo-Cotobade).
Segundo informa a Consellería do Medio Rural, o lume foi estabilizado sobre as dez da mañá, pero as brigadas forestais continúan traballando na zona.
No dispositivo participan un técnico, seis axentes, once brigadas, once motobombas e dúas pas.
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, apelou novamente á colaboración veciñal na loita contra os lumes forestais e solicita a toda a sociedade que "non baixe a garda" malia estar na parte final do verán tras producirse "o incendio máis grande deste ano no municipio".
O rexedor mostrou a súa convicción de que este lume "foi provocado en plena noite para causar máis dano, posto que sen luz natural non se poden empregar os potentes medios aéreos".
"Levan todo o verán tentando facer unha desfeita no noso territorio" dixo Cubela lembrando que os incendiarios estiveron dous días consecutivos provocando ata dez lumes seguidos na zona de Tenorio, Viascón, Almofrei e incluso Carballedo.
"E desta volta seguen coa súa teima, con máis mala fe aínda, atacando á parroquia de Aguasantas no día da súa patroa, que é tamén a de todo o concello", dixo a alcalde nunha chamada a "intensificar aínda máis a persecución implacable a estes criminais da terra", aseverou.
Cubela insistiu en que non existe ningunha circunstancia natural que faga xurdir as lapas en plena madrugada coa friaxe que xa vai nestas noites e máis nunha zona tan elevada e de montaña como é Aguasantas.
Por iso, solicitou ás forzas de seguridade e aos órganos xudiciais que traten de axilizar o esclarecemento da autoría "para que caia todo o peso da lei sobre os responsables e para que, deste xeito, cesen estes terribles lumes, que poñen en perigo non só os nosos montes e medio ambiente senón tamén as aldeas, as vivendas e as vidas dos veciños".
Finalmente, lembrou que os meses de setembro e outubro, se son secos e con bo tempo, son susceptibles de rexistrar bastantes incendios no municipio, polo que reiterou a súa solicitude de "que os veciños colaboren ao máximo" informando tanto da aparición de lumes no prazo máis curto posible para tratar de acoutarlos, como da presenza sospeitosa de xente, "xa que sabemos que a práctica totalidade son provocados e temos que deter aos seus autores".
Relacionadas:
-
87.000 euros investidos nos montes de Viascón para fomentar as especies frondosas fronte os eucaliptos
Por Redacción |
-
Impulsan unha "acción transversal" para previr incendios en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade suma unha máquina de roza ao seu dispositivo de loita contra incendios
Por Redacción |
-
Extinguido o incendio forestal de Augasantas, que afectou a 105 hectáreas
Por Redacción |
-
Controlado en pouco máis dunha hora o incendio entre Anceu e Barbudo
Por Redacción |
-
Preocupación por un incendio forestal en Cuntis próximo a un núcleo habitado
Por Oskar Viéitez |
-
Amplían ata outubro o operativo de extinción de incendios de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Cotobade loita contra o acoso dos incendiarios
Por Oskar Viéitez |
-
Cerdedo-Cotobade activa un plan para protexer as súas 18.000 hectáreas forestais
Por Redacción |
-
Novo incendio en Viascón. "Non pode ser casual", afirma Rueda
Por Oskar Viéitez |
-
Os cinco incendios en Cerdedo-Cotobade foron obra de "criminais", segundo o alcalde
Por Alejandro Espiño |
-
Alertan de cinco incendios forestais en Cerdedo-Cotobade no prazo dunha hora
Por Diego Espiño | Creada e actualizada