Luís Bará e Fernández Lores celebran coa militancia "o mellor resultado da historia do BNG"
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz
Luís Bará, candidato nacionalista que encabeza a lista pola provincia, avaliaba na noite deste domingo o resultado obtido polo BNG liderado por Ana Pontón afirmando que é "histórico en Galiza e en Pontevedra" e agradeceu o traballo da militancia, simpatizantes e persoas que apoiaron durante toda a campaña.
Destacou o resultado en Pontevedra, onde o BNG obtivo máis do 27% dos votos, máis de 10.000 votos que, segundo Bará, transmiten satisfacción e orgullo por toda a ilusión, entusiasmo, alegría e esperanza que se mobilizou durante este proceso. Ante esta subida, o representante nacionalista afirma que se presenta "a posibilidade de abrir un novo ciclo político en Galiza, liderado por Ana Pontón como líder alternativa ao PP no futuro".
Asegurou que o BNG se compromete a traballar desde mañá para que leve a cabo o cambio galego dentro de catro anos. "Estamos nunha posición excelente para seguir facendo ese traballo continuado, serio e rigoroso para elaborar esa grande alternativa para Galiza", apuntou Luís Bará.
LORES, MOI SATISFEITO
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, mostrábase moi satisfeito cos resultados ante os militantes na rúa Marquesa de Pontevedra, onde se atopa a sede do BNG.
Indicou que se trata do mellor resultado da historia da formación nacionalista, tanto en termos absolutos como relativos. "É un resultado incríble", recoñeceu Fernández Lores que cualificou de "excepcional" o traballo que realizaron na candidatura do BNG para estas eleccións encabezada por Ana Pontón.
"Este resultado é de ter confianza non país, na nosa xente e non futuro", apuntaba para indicar que "hoxe hai que celebralo sen pasarse moito porque mañá hai que seguir traballando. Hai tempo que non tiñamos esta alegría, foi un resultado que nos superou", indicaba.
Fernández Lores destacaba os resultados na parroquia da Canicouva ou en zonas da cidade como Eduardo Pondal para continuar a súa avaliación sinalando que ao configurarse como segunda forza no Parlamento de Galicia, o BNG é a "alternativa de goberno para o futuro, con moito traballo por diante e unhas expectativas impresionantes".
Relacionadas:
-
Bará reclama un protocolo claro e consensuado para o inicio do curso escolar
Por Redacción |
-
Vitoria do PP na cidade de Pontevedra cun BNG que case duplica os seus votos
Por Alejandro Espiño |
-
Un deputado en Pontevedra, en liza entre PP e PSOE polo voto emigrante
Por Alejandro Espiño |
-
O PSOE pontevedrés recoñece que "non cubrimos as expectativas" e chama a una reflexión "con calma"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Un imbatible Feijóo logra a súa cuarta maioría e Ana Pontón leva ao BNG a cotas históricas
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Os políticos pontevedreses chaman á participación e inciden en que votar é "seguro"
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
O BNG pecha a súa campaña coa confianza en "Pontonizar" Galicia
Por Redacción |