Sanxenxo programa un zafarrancho de desinfección en todos os núcleos do municipio
Por Oskar Viéitez
Co obxectivo de chegar a todos os núcleos de poboación de Sanxenxo, o goberno local prosegue cun programa de limpeza e desinfección especial polo Covid 19 no que se concentran operarios municipais, traballadores da concesionaria de limpeza e dous veciños voluntarios cos seus tractores.
O operativo dispón dun calendario semanal que inclúe cada xornada unha zona e contempla ademais a limpeza e desinfección diaria das áreas de maior afluencia como farmacias, supermercados, estancos ou prazas de abastos. Durante a mañá deste luns, os cinco operarios do departamento de Servizos, xunto a membros do persoal de Ascan e dous tractores centraron a limpeza na Avenida de León, a zona de Areas con entradas a praias, e subida a Punta Festiñanza, A Granxa, Outeiro e Dorrón. En Bordóns también realizaron tarefas de desinfección en Sear, Nanín, Regata, Carballal, Seixalvo, Praza de Cortés, entre outros lugares.
O operativo está previsto que concentre mañá os seus esforzos de limpeza en Padriñán, nas zonas de Reis, Aldariz, Miraflores… Tamén traballarán en Nantes, nas zonas de Fontoria, Buezas, O Casal, Pedrouzos, Cancela, O Santo, Dadín, Pedreiras e Gondariño. En Gondar, as tarefas centraranse na estrada xeral, Reiniño, Outeiro, Bouza, Lomba, A Capilla, Peai, Carballo, Tomada, Rozabella e Xuncablanca.
O mércores, os traballos de limpeza centraranse no centro urbano de Vilalonga, O Revel, a zona de mercado, iglesario, Altamira, Salgueira, Fianteira, Pradiños, Rouxique, Piñeiros, Lagarei, Costiña, Freixo, Costila, Panceiras e Bruñeira. Na zona da Revolta, as tarefas de desinfección centraranse en Tombelo, O Casal, Fonte de Ons, Salinas… esta xornada inclúe tamén a zona costeira da Lanzada, Fontenla, Soutullo, Mourelos, Telleiro, Quintáns, Cova de Pazos, Tramalleiro, Altín, Pontes, Aios e Bascuas.
O xoves volveranse aos centros urbanos de Sanxenxo e Portonovo, así como ás zonas de Adina, Fabal, O Rial, Catadoiro, A Torre, Xesteira, Poleiros, A Barrosa, Gaivoteira, Benitiño e Baltar.
Desde o Concello de Sanxenxo advertiron de que todos estes traballos poden sufrir alteracións en función dos medios dispoñibles, pero en calquera caso esta semana chegaríase a todas as zonas previstas do municipio.
Relacionadas:
-
Reparado o muro de contención na contorna da ermida da Lanzada
Por Redacción |
-
O goberno local de Sanxenxo estuda as medidas propostas pola oposición pola crise do coronavirus
Por Oskar Viéitez |
-
Telmo Martín confía en que ninguén se desprace a Sanxenxo en Semana Santa para facer uso da súa segunda vivenda
Por Redacción |
-
Sanxenxo non cobrará a taxa de terrazas e reducirá á metade a de lixo
Por Redacción |
-
O Concello de Sanxenxo destina ao SAF o material de protección recibido da Xunta
Por Redacción |
-
Sanxenxo ofrece tarxetas ás familias máis desfavorecidas para facer a compra
Por Redacción |