Sanxenxo non cobrará a taxa de terrazas e reducirá á metade a de lixo
Por Redacción
O goberno municipal de Sanxenxo aprobou dúas medidas fiscais para compensar a cidadáns e emprendedores o impacto que, nas súas respectivas economías, está a ter a crise do coronavirus.
A intención é ter este plan de actuación preparado para poder aprobalo no primeiro pleno municipal que sexa posible convocar tras o estado de alarma.
Por unha banda, Sanxenxo eximirá aos 122 establecementos de hostalería que teñen terraza do pago da taxa por ocupación de vía pública. Esta decisión beneficiará a bares, cafeterías e restaurantes de todo o municipio.
Ademais, a taxa de lixo de 2020 reducirase á metade, pero só se o coronavirus impactou de cheo nas economías familiares ou na actividade das empresas.
Así, segundo sinala o Concello, poderanse beneficiar desta bonificación as familias nas que algún dos seus membros quedouse en paro ou os seus ingresos reducíronse. Tamén gozarán desta exención do 50% os 1.032 establecementos ou negocios que tiveron que pechar polo estado de alarma.
Entre outros, optarán a esta redución hoteis, hostais e pensións, comercios, restaurantes, cafeterías e bares, negocios relacionados coa construción, axencias de viaxes, inmobiliarias ou xestorías, barberías, garderías e academias ou locais de lecer nocturno.
Os negocios e autónomos que queiran beneficiarse das medidas fiscais deberán cumprir, ademais dos requisitos habituais, que a súa actividade vírase afectada pola paralización decretada polos gobernos autonómico e central.
As exencións non son excluíntes, por tanto, haberá negocios e autónomos que poderán beneficiarse das dúas medidas.
No caso dos locais que non son propiedade do titular do negocio, o Concello esixirá que para que o propietario póidase beneficiar da exención da taxa de lixo esta terase que repercutir no inquilino.
O goberno municipal calcula que máis de 2.000 familias poderán beneficiarse das exencións.
Relacionadas:
-
Sanxenxo anuncia a renovación dos contedores e a recollida domiciliaria do lixo aos maiores de 70 anos
Por Redacción |
-
Sanxenxo inclúe os contedores de lixo nas tarefas de desinfección
Por Redacción |
-
Pechan un ximnasio de Vilalonga que pedía aos seus clientes "entrar sen chamar ao timbre"
Por Redacción |
-
Sanxenxo programa un zafarrancho de desinfección en todos os núcleos do municipio
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo xa pensa no verán
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
O Concello de Sanxenxo destina ao SAF o material de protección recibido da Xunta
Por Redacción |
-
Moraña, Marín e Sanxenxo amplían as tarefas de desinfección en zonas comúns
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo avanza a concesión de axudas a empresas e parados coa esperanza de volver á normalidade no verán
Por Redacción |