O Concello de Sanxenxo destina ao SAF o material de protección recibido da Xunta

Por Redacción
O Concello de Sanxenxo destinou todo o material de protección recibido pola Xunta da Galicia ao Servizo de Axuda non Fogar.
Desde a administración local consideran que é un dos departamentos máis sensibles ante esta crise sanitaria. Esta dotación consta de cen máscaras, mil luvas de látex e 3 monos con gorro e protección total. Todo iso servirá para mellorar a seguridade do persoal e dos trinta usuarios que están a recibir este servizo.
Telmo Martín como alcalde agradeceu a implicación da Xunta e sinalou "o gran labor que está a realizar nesta crise sanitaria
sendo a primeira e única administración da que nos chega material de protección imprescindible para manter con seguridade os servizos municipais".
Ademais desde o Concello continúase coa repartición das máscaras que realizan as costureiras voluntarias do municipio e que en dous días supuxeron entregar máis de tres mil unidades. Está habilitado o teléfono do Concello, Policía Local e Emerxencias de Sanxenxo para atender a peticións destas máscaras.
POLÍCIA LOCAL
Doutra parte, a crise sanitaria supuxo modificar o traballo que habitualmente realiza a Policía Local de Sanxenxo. O seu oficial, Marcial Juviño apunta que "gran parte do noso traballo centrábase no control do tráfico, pero co Covid19 as funcións ordinarias do día a día desapareceron”.
Tras decretarse o estado de alarma e o confinamento, atenderon unha avalancha de chamadas con dúbidas sobre restricións e comportamentos punibles.
Unha das dúbidas expostas refería á atención dos traballos agrícolas en leiras non anexas ás vivendas.
A situación indica que “os autónomos poden seguir realizando o seu traballo, coas medidas de protección, porque é o seu medio de vida, pero no caso de persoas que queiran facelo para autoconsumo só poderán facelo en leiras a menos de cincocentos metros da súa casa e cun máximo de dúas persoas por parcela". A pesar da información reportada en xeral , a Policía Local ha tido que proceder esta semana a impoñer cinco denuncias.
Marcial Juviño agracede ademais o recoñecemento diario dos cidadáns ás oito da tarde e que fai extensible aos propios cidadáns "porque é moi difícil a situación pola que están a pasar e estano facendo razoablemente ben”, asegura.
EMERXENCIAS DE SANXENXO
Outro colectivo que igualmente se adaptou á tesitura é o de Emerxencias Sanxenxo, que agora se encarga a través do teléfono 986 72 00 00 do sistema de atención para fornecer alimentos e medicamentos a persoas que vivan soas ou non poidan saír para atender as principais necesidades. Ademais desde esta semana encárganse de realizar os paquetes do banco de alimentos que habitualmente reparte Cáritas ás familias do concello que o necesitan e que ata o de agora foron tres domicilios.
Relacionadas:
-
Sae a licitación a xestión do servizo de Axuda no Fogar por 4,5 millóns de euros
Por Redacción |
-
Solidariedade para confeccionar nunha semana 22.000 máscaras anticontaminantes en Sanxenxo que se distribúen en oito municipios
Por Redacción |
-
Pechan un ximnasio de Vilalonga que pedía aos seus clientes "entrar sen chamar ao timbre"
Por Redacción |
-
Sanxenxo programa un zafarrancho de desinfección en todos os núcleos do municipio
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo xa pensa no verán
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Sanxenxo non cobrará a taxa de terrazas e reducirá á metade a de lixo
Por Redacción |
-
Sanxenxo ofrece tarxetas ás familias máis desfavorecidas para facer a compra
Por Redacción |
-
Moraña, Marín e Sanxenxo amplían as tarefas de desinfección en zonas comúns
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo repartirá o martes 2.000 máscaras confeccionadas por costureiras voluntarias
Por Oskar Viéitez |