Telmo Martín confía en que ninguén se desprace a Sanxenxo en Semana Santa para facer uso da súa segunda vivenda

Por Redacción
Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo, móstrase convencido de que non hai posibilidade algunha de que ninguén se desprace desde as súas respectivas residencias a outras cidades durante esta Semana Santa co obxectivo de utilizar unha segunda vivenda.
O rexedor indica que tanto as medidas de control adoptadas como a responsabilidade do 99% da cidadanía que cumpre co confinamento nos seus fogares anulan a posibilidade de que se produzan intentos de desprazarse a zonas tradicionalmente turísticas nestas datas como Sanxenxo.
Indica que desde o Concello está a contarse coa estreita colaboración das forzas de seguridade do Estado como da Garda Civil e do Exército. Desta forma, Telmo Martín alerta de que existe un dispositivo especial de seguridade na vila desde o principio do estado de alarma e que no últimos dez días incrementáronse os controis para evitar a mobilidade.
Ademais, afirma que a coordinación entre os axentes da Policía Local, a Garda Civil e a Brilat está a ser perfecta e mantéñense nunha comunicación permanente a través da Subdelegación do Goberno.
Relacionadas:
-
Os pontevedreses só se moven a Marín, Poio e dentro do seu municipio durante a corentena
Por Manu Otero |
-
Trece dos 33 denunciados en Sanxenxo por incumprir o estado de alarma son veciños doutros municipios
Por Redacción |
-
Emerxencias de Sanxenxo suma 112 intervencións nos 23 días de estado de alarma
Por Redacción |
-
A Policía Local de Sanxenxo denuncia un veciño que saíu a tirar o lixo demasiado lonxe do domicilio
Por Redacción |
-
Multan un matrimonio de Ourense que viña "de vacacións" a Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Os empresarios turísticos de Sanxenxo, resignados polas perdas da Semana Santa e coa vista posta no verán
Por Redacción |
-
Intensifican os controis en Poio para evitar a chegada de turistas na Semana Santa
Por Redacción |
-
Sanxenxo programa un zafarrancho de desinfección en todos os núcleos do municipio
Por Oskar Viéitez |
-
Patrullas conxuntas da Garda Civil e a Policía Local en Sanxenxo, que se baleira polo estado de alarma
Por Redacción |
-
Sanxenxo ordena o peche das praias tras a chegada de visitantes nos últimos días
Por Natalia Puga |