Poio solicita a desinfección no centro de maiores Ballesol
Por Oskar Viéitez
O Concello de Poio enviou unha solicitude á Subdelegación do Goberno en Pontevedra para que proceda, en canto sexa posible, a realizar traballos de limpeza e desinfección no interior das dependencias do Centro de Maiores Ballesol, na parroquia de San Salvador.
Trátase dunha medida que, tal e como sinala a concelleira de Seguridade, Marga Caldas, é "exclusivamente preventiva".
A día de hoxe non se ten producido ningún caso de contaxio entre os usuarios, nin ningún deles presenta síntomas vencellados ao Covid-19.
En todo caso, Caldas Moreira entende que esta medida "non está de máis", toda vez que as instalacións prestan servizo a un dos colectivos máis vulnerables ante o coronavirus.
Ademais, o Concello tamén solicitou a Valoriza que inclúa os exteriores destas dependencias no listado de lugares nos que está a reforzar as tarefas de limpeza, ás que hai que sumar zonas concorridas, como Centros de Saúde, farmacias ou tendas de alimentación, entre outras.
Tamén se está a realizar unha limpeza específica e pormenorizada das inmediacións do Centro Saraiva, a pesar de que as instalacións permanecen pechadas.
Relacionadas:
-
O Concello de Poio limpa unha media de 60 contedores diarios con motivo do coronavirus
Por Redacción |
-
Poio crea unha bolsa de voluntarios aos que mobilizar en caso de emerxencia polo coronavirus
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Cuntis continúa coa desinfección dos principais lugares de paso
Por Redacción |
-
O Concello de Poio contacta coa poboación do municipio maior de 65 anos
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Local de Poio habilita unha liña telefónica exclusiva para atender casos relacionados co estado de alarma
Por Redacción |
-
Poio estuda como reducir a carga fiscal dos veciños e axiliza o pago a provedores
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio identifica dous menores madrileños practicando deportes náuticos en Chancelas
Por Redacción |