O Concello de Poio limpa unha media de 60 contedores diarios con motivo do coronavirus
Por Redacción
Os traballos de limpeza desde que comezou o estado de alarma están a ser habituais, especialmente os dos contedores de lixo.
Por iso, en Poio, a empresa encargada de realizar a recollida de residuos (Valoriza), está a piques de concluír a limpeza dos 328 recipientes de carga lateral distribuídos polas parroquias do municipio.
Segundo os cálculos da firma, están a limparse unha media de 60 contedores diarios, coa aplicación dun tratamento máis exhaustivo do habitual que garanta a súa desinfección ao 100%.
Durante estes días os traballos están a centrarse sobre todo nos contedores de carga lateral de fracción resto, mentres que ao longo da próxima semana, os operarios centraranse na posta a piques dos 308 de carga traseira.
Doutra banda, o Concello de Poio ha obtado por pechar os recipientes de carga traseira xa que, tal e como consta nun informe elaborado polo enxeñeiro muicipal, desaconséllase o seu uso polo aumento das horas de luz, acelerando a descomposición dos restos ocasionando mal cheiro e a atracción de animais e insectos.
Así mesmo, queren lembrar as recomendacións sanitarias á hora de tratar o lixo, especialmente nos domicilios onde haxa persoas infectadas. Os residuos xerados polos pacientes deberán tirarse nunha bolsa, que será introducida nunha segunda bolsa, xunto ao material de protección. Todo iso se despositará nun cubo de fracción resto.
Tamén aconsellan a utilización de luvas para tirar o lixo e lavar as mans con auga e xabón durante un período de tempo de entre 40 e 60 segundos unha vez depositados os residuos no contedor correspondente.
Ademais da desinfección dos contedores, están a reforzarse as tarefas de limpeza en supermercados, tendas de alimentación e farmacias, así como Centros de Saúde, dependencias da Policía Local ou na Casa Consistorial.
Por último, está a procederse a recoller o lixo a domicilio en media ducia de domicilios nos que habitan veciños que se atopan en corentena. Chelo Besada, concelleira de Servizos e tenente de alcalde, agradece a colaboración da empresa Valoriza e do seu persoal xa que "algúns destes traballos non figuran nas condicións e estanas asumindo a maiores"
Relacionadas:
-
Ángel Moldes solicita máis desinfección de espazos públicos ante os paseos dos nenos
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Poio continúa coa repartición de material de protección aos colectivos máis expostos
Por Redacción |
-
Poio avanza na desinfección de zonas sensibles do municipio
Por Redacción |
-
O PP de Poio suxire plenos telemáticos para axilizar a aprobación de axudas aos veciños
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade activa un protocolo de xestión sanitaria do lixo
Por Redacción |
-
Poio solicita a desinfección no centro de maiores Ballesol
Por Oskar Viéitez |