VÍDEO.- Cuntis continúa coa desinfección dos principais lugares de paso
Por Redacción
Os operarios municipais de Cuntis, continúan co labor de desinfección e limpeza de distintas zonas do municipio para frear, na medida do posible, as zonas de maior risco de conter ou contaxiar o coronavirus.
As tarefas, coordinadas por Protección Civil e a Policía Local, comezaron a noite do pasado sábado coa actuación nos puntos de especial sensibilidade e de maior risco para os veciños, como contedores, fontes, marquesiñas ou puntos de reunión, sumándose ás tendas de alimentación e supermercados xa desinfectados durante a última semana.
Durante os próximos días, tanto nas zonas do rural como no centro urbano, seguiranse extremando as medidas de protección tanto para os veciños como para os traballadores, que están a cumprir cos protocolos sanitarios para minimizar o impacto do COVID-19
Relacionadas:
-
Cuntis retoma a desinfección de rúas para combater á Covid-19
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O incansable traballo de Protección Civil de Cuntis cada noite para protexer aos veciños ante o coronavirus
Por Redacción |
-
Cuntis pon en marcha a campaña 'Mata o virus, lava as mans'
Por Redacción |
-
Cuntis apoia os escolares durante o confinamento e imprime a domicilio deberes, apuntes e traballos escolares
Por Redacción |
-
Cuntis destinará 10.000 euros a familias sen recursos para adquirir comida ou medicamentos
Por Redacción |
-
Manuel Campos, alcalde de Cuntis: "O de Cuntis é un pobo forte e demóstrao sempre ante a dificultade"
Por Redacción |
-
Poio solicita a desinfección no centro de maiores Ballesol
Por Oskar Viéitez |
-
Desinfectan varios puntos do municipio de Cerdedo-Cotobade
Por Sara Iglesias |
-
Protección Civil desinfecta as rúas de Cuntis
Por Oskar Viéitez |
-
Militares da UME desinfectan as rúas de Pontevedra e controlan as saídas dos cidadáns
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |