Ángel Moldes critica o "reparto arbitrario" que fan Carmela Silva e César Mosquera cos fondos provinciais
Por Oskar Viéitez
O grupo provincial do Partido Popular denunciou este mércores que case sete de cada dez euros que se repartiron en 2017 e 2018 con cargo aos plans de reequilibrio e DepoRemse da Deputación foron para concellos gobernados polo PSOE e polo BNG.
Segundo as contas dos populares, dos 29 millóns de euros que se repartiron con cargo aos dous plans, 17,5 millóns se gastaron en "concellos afíns ao bipartito provincial", os gobernados polo Partido Popular, recibiron 6,2 millóns de euros-o 23% dos fondos-, e por outras formacións políticas, 2,1 millóns de euros.
Nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo deputado provincial Santiago Rodríguez Davila, o voceiro popular, Ángel Moldes, criticou "o reparto arbitrario que fan Carmela Silva e César Mosquera cos fondos provinciais, mentres se atreven a percorrer toda a provincia presumindo de reparto equitativo e de criterios obxectivos".
Para Moldes, outro dos datos para ter en conta é que dos dez concellos que máis fondos recibiron con cargo a estes dous plans, hai oito concellos do PSOE e BNG e só dous do PP. E só estes oito concellos repártense 11,3 millóns de euros.
"Pero mentres hai concellos moi beneficiados, tamén hai concellos moi prexudicados", puntualizou o voceiro, ao referirse a que hai trece concellos "en branco", que a pesar de presentar proxectos non recibiron nin un só euro de ningún dos 29 millóns que se repartiron nestes dous anos, "e que casualidade, doce son concellos gobernados polo PP e un doutra cor política, pero ningún do BNG nin do PSOE".
Relacionadas:
-
Conclúe sen avinza o acto de conciliación entre a Deputación e Ángel Moldes
Por Oskar Viéitez |
-
A Lama leva aos tribunais a denegación "arbitraria" dunha subvención da Deputación
Por Redacción |
-
Pleno avinagrado na Deputación con críticas cruzadas pola adxudicación de fondos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Ángel Moldes asegura que o 50% de proxectos do Plan Concellos presentados por alcaldes do PP están sen resposta
Por Redacción |
-
Carmela Silva, ao PP: "Non vou a consentir nin unha calumnia máis. Decidirán os xulgados"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
A Deputación anuncia accións xudiciais contra Ángel Moldes
Por Redacción |