Lea na corporación de Cerdedo-Cotobade pola obra da estrada nacional en Viascón
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O Concello de Cerdedo-Cotobade viviu este xoves un pleno bronco por mor da obra da estrada N-541 ao seu paso pola parroquia de Viascón. O Concello solicitará ao Ministerio de Fomento a paralización do proxecto atendendo ao rexeitamento veciñal.
A cuestión suscitou un agrio enfrontamento entre o alcalde, Jorge Cubela (PP), e a portavoz do Partido Socialista, Lina Garrido, que acabou co abandono do pleno por parte do grupo municipal do PSOE.
A polémica centrouse entón en dirimir se os concelleiros socialistas votaron ou non a moción.
Segundo Cubela non o fixeron e "deixaron tirada á parroquia simplemente por non enfrontarse aos seus compañeiros socialistas de Fomento" no que cualificou como unha "covardía política".
Pola contra, Lina Garrido asegurou que votaron a favor antes de levantarse e marchar "por unha falta de respecto do alcalde" unha cuestión que confirmaron coa secretaria do Concello "que si rexistrou o noso voto". Os socialistas criticaron a actitude "prepotente" e "chulesca" de Cubela.
Rematado o pleno a liorta política continuou no Facebook, onde a voceira socialista, Lina Garrido, escribiu no seu perfil unha crítica ao talante de Cubela "como política e como muller" algo que enfadou ao alcalde "que diga que a ataco ou critico como muller non llo consinto porque eu trato exactamente igual a todo o mundo" e dito isto anunciou a ruptura de relacións co PSOE local mentres non se desculpe "por acusalo de violencia de xénero".
Relacionadas:
-
Cubela solicita que paralicen a obra en Viascón ata a xuntanza con Fomento
Por Redacción |
-
Fomento cita a Cubela para falar da reforma da N-541 en Viascón
Por Oskar Viéitez |
-
A veciñanza de Viascón pide á subdelegada do Goberno información sobre as obras da N-541
Por Redacción |
-
As comisións aproban por unanimidade a proposta de que se manteña parada a reforma da N-541 en Viascón
Por Redacción |
-
O PSOE critica o comportamento "totalmente inmaduro" de Cubela
Por Oskar Viéitez |
-
Cubela cre que o PSOE actúa en "vendetta" contra el
Por Oskar Viéitez |