O PSOE critica o comportamento "totalmente inmaduro" de Cubela
Por Oskar Viéitez
Dende o grupo municipal socialista do Concello de Cerdedo-Cotobade amosaron a súa "preocupación" polo comportamento "pouco apropiado" do rexidor Jorge Cubela, "que cando non ten razóns de peso para defender situacións comprometidas, acude a un comportamiento totalmente inmaduro con reproches fóra de contexto como calificar de vendetta a problemática existente en Viascón".
Os socialistas lembran ao alcalde que "o seu traballo" é o de gobernar con "sentidiño" os concellos fusionados "e vemos que se lle está facendo grande".
Para o Partido Socialista, "Jorge Cubela ven desmostrando que cando non ten gobernos amigos non sabe como xestionar" e citan coma exemplos "a Deputación de Pontevedra cando deixou de ser Rafael Louzán o presidente" ou o Goberno do Estado "como está demostrando agora cando deixou de ser Mariano Rajoy o presidente".
Critican que o rexedor, a día de hoxe, siga sen reunirse con Fomento "e está máis centrado en criticar aos socialistas que en pensar nos veciños de Viascón".
Dende o grupo socialista pídenlle "cordura" a Jorge Cubela, e que se centre na complexa situación que ten "xa que actualmente a pesares da cantidade de fondos recibidos da fusión contaba con un déficit no mes de agosto de -721.979, 84 euros" e donde "non se cumpre a regra de gasto, nin o pago a proveedores que cada vez se retrasa máis ou non temos PXOM" e engaden que o alcalde popular "nin sequera di nada dos 200 persoas que foron dadas de baixa do padrón por irregularidades".
Finamente a portavoz do PSOE, Lina Garrido esixe a Cubela "que amose o documento de Ana Pastor sendo ministra onde se recolle a paralización deste proxecto" e engade que desta maneira "tanto eu como portavoz como todos os membros do grupo socialista teremos que pedir disculpas".
Lina Garrido expresou o apoio a veciñanza "sen reprocharlle a quen votan ou deixan de votar, xa que a diferencia é que Jorge Cubela só se move en función da rentabilidade electoral e pouco lle importan os intereses dos veciños".
Relacionadas:
-
O PSOE de Cerdedo-Cotobade acusa ao Concello de ter "dúas varas de medir" en relación co PXOM
Por Redacción |
-
Lea na corporación de Cerdedo-Cotobade pola obra da estrada nacional en Viascón
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
As comisións aproban por unanimidade a proposta de que se manteña parada a reforma da N-541 en Viascón
Por Redacción |
-
Cubela cre que o PSOE actúa en "vendetta" contra el
Por Oskar Viéitez |
-
Maica Larriba informou en Viascón que non houbo alegacións ao proxecto da N-541 por parte do Concello
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas acusan a Cubela de "faltar á verdade" no proxecto da N-541 ao seu paso por Viascón
Por Oskar Viéitez |