Cubela cre que o PSOE actúa en "vendetta" contra el
Por Oskar Viéitez
O presidente do PP local e do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e o deputado nacional Tomás Fole compareceron este venres na sede provincial do Partido Popular para valorar a situación da reforma da estrada N-541 ao seu paso por Viascón despois de que o Ministerio de Fomento reactivara recentemente este proxecto, que se atopaba paralizado desde hai dous anos e medio. Unha actuación que cualificou de "vendetta" do PSOE contra el.
Ainda que non presentou alegacións, Cubela dixo que o Concello dirixiuse no esu día a Fomento informando dun acordo plenario para solicitar a anulación da obra.
Cubela tamén lamentou a "falla de respecto institucional dos cargos socialistas no Goberno" por "ignorar" ao alcalde de Cerdedo-Cotobade.
Neste sentido a Subdelegación do Goberno en Pontevedra puntualizou que a xuntanza coa asociación de veciños O Agro de Cotobade e a comunidade de montes, foi solicitada por estas dúas entidandes para falar dos problemas da N-541 ao seu paso por Viascón.
A Subdelegación atendeu a petición e recibiu aos representantes por parte da subdelegada Maica Larriba, no seu propio despacho.
Finalmente engaden que o alcalde de Cerdedo-Cotobade "non ten solicitado ningunha entrevista para falar da N-541 nin de ningún outro tema con esta Subdelegación ata o día de hoxe".
Relacionadas:
-
Lea na corporación de Cerdedo-Cotobade pola obra da estrada nacional en Viascón
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
As comisións aproban por unanimidade a proposta de que se manteña parada a reforma da N-541 en Viascón
Por Redacción |
-
O PSOE critica o comportamento "totalmente inmaduro" de Cubela
Por Oskar Viéitez |