A homenaxe aos políticos e funcionarios represaliados en 1936, aprobada por unanimidade
Pontevedra homenaxeará en novembro os membros da corporación municipal e os funcionarios do Concello de Pontevedra que foron represaliados e destituídos como consecuencia do levantamento fascista de 1936. Así se acordou este luns por unanimidade no pleno celebrado no Teatro Principal. Unha comisión de traballo, presidida polo alcalde, será a que coordine os actos que formarán parte desta restitución simbólica.
A moción presentada polo BNG explicaba que estes represaliados formaban parte dunha corporación "elixida democraticamente" e que foron substituídos de forma ilexítima polas autoridades militares. Esta situación, recordou Luis Bará, supuxo o inicio dun período dunha "brutal" represión, cualificada mesmo como "programa xenocida", contra estas persoas que representaban ideais republicanos, galeguistas e de esquerdas.
Bará, que citou o nome de todos os represaliados "para que conste en acta", destacou que este acto simbólico é unha "obriga ética" e un acto fundamental de xustiza e de memoria colectiva, debido á vinculación de todas estas persoas con Pontevedra e que estes feitos, que se coñecen dende hai tempo e figuran nos arquivos municipais, "nunca foron revisados nin condenados".
Dende o PSdeG-PSOE, Antón Louro afirmou compartir "plenamente" esta proposta para homenaxear estes represaliados pontevedreses; mentres que o concelleiro popular, Miguel Ángel Meijón, asegurou que se trata dunha moción "lóxica, oportuna e merecida", mostrando así o respaldo do seu grupo a esta homenaxe e á condena do levantamento militar fascista de xullo de 1936 e todos os actos democráticos posteriores.
UNANIMIDADE NOUTRA MOCIÿN DO PLENO
Unha segunda moción, esta vez presentada polos socialistas, foi aprobada tamén por unanimidade de toda a corporación. Nela, o Pleno acorda instar o Ministerio de Interior a presentar, "canto antes", o proxecto de acondicionamento e apertura da sede que a Xefatura Provincial de Tráfico adquiriu en Campolongo en 2008. Trátase dun baixo de 1.429 metros cadrados, que lles custou máis de 4 millóns de euros.
Ademais, ofrecerase a plena colaboración do Concello de Pontevedra para buscar usos alternativos ao local que ocupan actualmente na entreplanta da rúa de Joaquín Costa, 56, no marco da actual normativa urbanística.
Relacionadas:
-
"Non se pode construír o futuro dun concello sobre a ocultación do pasado"
Por Redacción |
-
O Teatro Principal homenaxea os concelleiros e funcionarios represaliados na Ditadura
Por Redacción |
-
Ultiman os detalles da homenaxe a políticos e funcionarios municipais represaliados en 1936
Por Alejandro Espiño |
-
Atrasan a homenaxe os fusilados en 1936 para facela coincidir coa inauguración da súa escultura
Por Redacción |
-
O PSdeG-PSOE queda só na súa oposición á planta de compostaxe en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
PP e PSdeG-PSOE 'forzan' o BNG a celebrar o Día das Letras Galegas dedicado a Filgueira Valverde
Por Alejandro Espiño |
-
Os socialistas apremian o traslado da Xefatura Provincial de Tráfico a Campolongo
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG pide restituír os políticos e funcionarios represaliados tras o levantamento militar de 1936
Por Alejandro Espiño |