O caso de Ana e Tamara impulsa unha nova concentración contra a represión sindical

Por Redacción
A situación de Ana Outerelo e Tamara Vidal, condenadas a tres anos de prisión por formar parte dun piquete, representa o estado de inquietude que se vive nos sindicatos ante o que definen como unha "campaña contra a represión sindical".
Antonio Millares, representante de CC.OO. e Xabier Aboi, da CIG, presentaron en nome tamén de UGT a convocatoria dunha concentración para o próximo luns 30 ás 20.30 horas na Praza da Peregrina en apoio da petición de indulto para Ana e Tamara, ademais dunha protesta contra as sancións que se están a emitir por formar parte de piquetes.
Millares indicou que no caso das dúas novas pontevedresas resultou significativo o cambio de postura por parte da Fiscalía, que tras recorrer a sentenza inicial agora avala a petición do indulto parcial para Ana e Tamara.
Non obstante, os representantes sindicais denuncian que se seguen emitindo multas a distintas protestas que se realizan nas rúas como no caso de preferentistas, emigrantes retornados ou asociacións de veciños. Millares e Aboi sinalaron que estas medidas son desproporcionadas cando non se produciron delitos con motivo das protestas. Por ese motivo, sinalan que se trata dunha "campaña orquestrada" por parte do Goberno para criminalizar os actos sindicais.
Os sindicatos cren que ninguén vai recompensar o dano causado a Ana e a Tamara
Antonio Millares. CC.OO.
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Críticas ás actuacións contra os traballadores que realizan protestas na rúa
Xabier Aboi. CIG
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Relacionadas:
-
Acusan o poder xudicial de exercer como "colaborador na represión da clase traballadora"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A CGT concéntrase contra a represión sindical
Por Diego Torrado |
-
Ana e Tamara presentan a súa petición de indulto ante o Ministerio de Xustiza
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Concentración contra a represión sindical, sen Ana e Tamara
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A CIG reclama á Fiscalía a investigación de denuncias falsas a sindicalistas
Por Redacción |