Acto de conmemoración do 50 aniversario da Revolución dos Cravos
Numeroso público participou no acto organizado polo Ateneo de Pontevedra, que se desenvolvía tanto no interior como no exterior do Teatro Principal de Pontevedra baixo a chuvia
© Mónica Patxot
'Grândola, Vila Morena' resoa na Boa Vila na conmemoración da Revolución dos Caraveis
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/4f6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/662a9c3aed-20240425-patxot-aniversario-claveles-revolucion-25-abril-1749.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/06b/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/662a9c4a37-20240425-patxot-aniversario-claveles-revolucion-25-abril-1747.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/d32/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/662a9c1a96-20240425-patxot-aniversario-claveles-revolucion-25-abril-1745.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/741/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/662a9ce3c9-20240425-patxot-aniversario-claveles-revolucion-25-abril-1750.jpg)
© Mónica Patxot
O Ateneo de Pontevedra organizou, baixo o título "50 anos dun soño: 25 de abril, sempre" un ciclo de dúas xornadas conmemorativas dun feito tan relevante política, cultural e socialmente como o foi a Revolución do 25 de Abril de 1974 en Portugal, coñecida popularmente como a "Revolución dos Caraveis".
Con ese obxectivo celebraranse dous actos. O primeiro tivo lugar este xoves no Teatro Principal: a cantata comunal e pública do 'Grândola, Vila Morena'.
O segundo acto previsto terá lugar o martes 30 de abril ás 19 horas no Pazo de Mugartegui e consistirá nunha palestra divulgativa "Todos eles foron capitáns", con membros do MFA (Movemento das Forzas Armadas) como protagonistas.
O cantada deste xoves fixo resoar 'Grândola, Vila Morena' na Boa Vila.
Esta canción, da autoría do músico e poeta José Afonso, foi o sinal radiado para dar comezo á Operación Viragem Histórica en Portugal, a revolución que poría fin á ditadura, e converteuse nun dos himnos icónicos internacionais da loita dos pobos na conquista da liberdade en contra dos réximes de opresión ditatorial.
O acto iniciouse coa intervención do presidente do Ateneo de Pontevedra, Xaime Toxo, que deu paso á actuación da agrupación musical Mais Cantos, dirixida por Nelson Quinteiro, que interpretó cancións tradicionais portuguesas como Mariâo, Ao pasar a ribeirinha, Pomba branca, Que faz o sol, Coro da Primavera ou Oh rama oh que linda rama. Como peche do acto, cantouse 'Grândola, Vila Morena'.
Mais cantos é unha agrupación musical conformada na actualidade por máis de 40 cantareiros, e que nace co obxectivo de recuperar e vivir os cantos populares, tradicionais e de taberna. Creada e dirixida por Nelson Quinteiro, organizan, ao longo de todo o ano, actividades de lecer e experiencias arredor da música, o ritmo e o canto.