Teresa Fernández-Valdés, pregoeira: "Imos dalo todo. Eu non sei facelo doutro modo. Vivan as Festas da Peregrina!"
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/826/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66b760f979-mos_0015.jpg)
© Mosrey
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/e11/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66b760fc4b-mos_0213.jpg)
© Mosrey
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/c94/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66b760fa9c-mos_0073.jpg)
© Mosrey
As Festas da Peregrina 2024 comezaron con grande entusiasmo en Pontevedra este sábado 10 de agosto, cun pregón a cargo de Teresa Fernández-Valdés, fundadora de Bambú Producciones e agora ao fronte de Te espero en Marte, converténdose nun referente audiovisual.
Dende o balcón do Concello, Fernández-Valdés deu inicio a unha semana chea de actividades, rodeada polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, o presidente da Deputación Luis López, e membros da corporación municipal, nunha xornada marcada por unha intensa calor.
"Que vivan as festas da Peregrina!", exclamou a pregoeira, contaxiando de inmediato o bo ambiente entre os presentes.
Teresa Fernández-Valdés expresou a súa emoción por estar de volta na súa cidade, malia ter nacido en Poio, recordando con agarimo as súas vivencias en Pontevedra.
"O sorriso que se me debuxa nos beizos cando falo de Pontevedra", dixo, reflicte as fermosas lembranzas que garda da súa xuventude na vila.
No seu discurso, destacou a importancia de vivir intensamente cada momento e valorou o papel que Pontevedra e o seu centro histórico xogaron na súa vida, tanto persoal como profesional, e que sempre que pode, recolle nas súas producións.
Subliñou que a cidade sempre foi un lugar aberto, sen límites, que lle permitiu soñar e alcanzar os seus obxectivos. "Pontevedra para min foi sempre unha cidade aberta que me permitiu ir e vir, como aquela ponte da Barca", afirmou.
A pregoeira tamén fixo un emotivo recoñecemento aos seus pais, describíndoos como "os meus pés na terra" e "a miña Galicia profunda", e agradeceu o apoio incondicional da súa familia, falando primeiro do seu pai e da súa nai e dla liberdade creativa que lle deron para perseguir os seus soños.
Despois quixo referirse aos seus irmáns, sobriños e ás súas fillas, Ana e Claudia, quen, a pesar de non ter nacido en Pontevedra, comparten a mesma paixón polas Festas da Peregrina.
O pregón rematou cunha invitación a toda a cidadanía a gozar das festas con intensidade, celebrando cada momento, desde os churros ata os fogos de artificio. "Imos dalo todo. Eu non sei facelo doutro modo. Vivan as Festas da Peregrina!!", proclamou.
A continuación, Miguel Anxo Fernández Lores invitiou ao público asistente a berrar: "Vivan as Festas da Peregrina, Viva Pontevedra!", co xa tradicional chupinazo e o lanzamento de confetti comezaban oficialmente as Festas da Peregrina 2024 na Boa Vila.
Pregón de Teresa Fernández-Valdés nas Festas da Peregrina
A fundadora de Bambú Producciones falou da importancia que ten Pontevedra na súa vida
© Mosrey
Resumo do pregón de Teresa Fernández-Valdés
A produtora, veciña de Poio, lembrou a súa vida en Pontevedra no pregón desde a balconada do Concello para iniciar as Festas da Peregrina
© PontevedraViva
Relacionadas:
-
Paz e protección para a cidadanía pontevedresa, petición de Rafa Domínguez á Peregrina
Por Mosrey Fotografía & Anxo Lourido |
-
Os fogos de artificio iluminan Pontevedra
Por Redacción & Mosrey Fotografía |
-
Festival folclórico multicultural con ritmo
Por Mosrey Fotografía & Redacción |
-
Ofrenda floral á Virxe Peregrina con petición para que desapareza a violencia nunha sociedade "crispada"
Por Mosrey Fotografía & Anxo Lourido |
-
Aquí cántase... un mundo
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Unhas festas inclusivas: horario ampliado sen ruído, sala de lactación e baños adaptados
Por María José Pita |
-
Despregadura policial e sanitaria sen precedentes para a Semana Grande
Por María José Pita & Cristina Saiz |
-
As atraccións feirais infantís resenten a facturación estival fronte ás do público de máis idade
Por Redacción |
-
Lores: "Vexo sorrisos que só se dan nesta época concreta"
Por Redacción |
-
Pontevedra, "localidade pioneira" con 20 anos de "inspeccións exhaustivas" das atraccións das Festas da Peregrina
Por Redacción |
-
Dispositivo especial de tráfico con motivo das Festas da Peregrina
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |