Lores: "Vexo sorrisos que só se dan nesta época concreta"

Pontevedra
09 de agosto 2024

Saludo del alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, con motivo de las Festas da Peregrina: "Pontevedra está volvendo namorar un novo verán a cada persoa que nos visita. É un namoramento especial, un namoramento que xorde do traballo colectivo e da incríbel amabilidade da que pode presumir a Boa Vila sen ningún tipo de rubor"

Pregón de las Fiestas de la Peregrina 2023
Pregón de las Fiestas de la Peregrina 2023 / PontevedraViva

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, saluda al vecindario y visitantes con motivo de las Festas da Peregrina 2024 con este emotivo mensaje:

"Pontevedra está volvendo namorar un novo verán a cada persoa que nos visita. É un namoramento especial, un namoramento que xorde do traballo colectivo e da incríbel amabilidade da que pode presumir a Boa Vila sen ningún tipo de rubor.

Á beira da semana grande das Festas da Peregrina, vexo as rúas ateigadas, vexo os preparativos e vexo sorrisos que só se dan nesta época concreta. Falo de rencontros, falo de citas ineludíbeis co fogar e coas amizades, falo, en poucas palabras, deses intres vitais que só o verán e as súas festas nos achegan, desas tardes luminosas que se estiran até case a medianoite.

Miguel Anxo Fernández Lores:  "Que vivan as festas con agarimo e respecto, coma sempre facemos"

Desde o Concello de Pontevedra tratamos este 2024 de afondar nesa idea, na de ter un verán onde cada día pode ser unha lembranza para o futuro. Non importa que día da semana sexa: hai unha actividade para gozar, hai unha sorpresa ao virar a esquina; desde o Surfing the Lérez á Feira Franca, pasando por Itineranta, por Titirivedra, por Urbana Monte Porreiro, por Con voz de muller, por, como non, as Festas da Peregrina.

Temos a sorte de contar de novo cunha pregoeira espectacular como é Teresa Fernández Valdés, ao tempo que somos unha cidade aberta e diversa, disposta a gozar de cada minuto destes días e destas semanas. Netas, fillos, pais e nais, avós e avoas… Tratamos de que haxa un intre para cada quen, que cada veciño e veciña teña a posibilidade de atopar unha actuación que lle preste e que mellore a súa xornada. Non é doado, mais o departamento de Festas creo que o volveu lograr, por iso sempre teño que ofrecerlle os meus parabéns, ao igual que a o resto de empresas, asociacións e colectivos que fan posíbeis un programa deste tipo.

A cidade e as súas xentes vístense de festa. Tempos estraños e difíciles como os da pandemia van quedando atrás e só podo ollar cara ao futuro cunha desmesurada ilusión polo que está por vir, cheo de citas espectaculares coma os Premioz Feroz ou eventos deportivos emocionantes coma o Campionato de Europa de ciclocrós. Aos pontevedreses e pontevedresas quero dicirlles que gocen, que rían, que bailen, que camiñen, que xoguen… que vivan as festas con agarimo e respecto, coma sempre facemos".