Pontevedra, "localidade pioneira" con 20 anos "inspeccións exhaustivas" das atraccións das Festas da Peregrina
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Pontevedra, a través da consultoría técnica Enmacosa, iniciou este mércores a supervisión das vinte e sete atraccións feirais que solicitaron instalación na Alameda e Raíña Victoria durante as Festas da Peregrina. Deste esta xornada e ata o venres pola tarde, cando xa abrirán ao público, estes técnicos realizan diversos controis sobre a seguridade destas instalacións.
"Estamos nunha localidade pioneira xa que fai vinte anos empezou a realizar estas inspeccións exhaustivas. Isto derivou na posta en marcha dunha normativa autonómica en vigor desde 2023 á que suma a Lei de Espectáculos desde 2017, que establecen as normas", expoñía Manuel Miranda director xeneral da consultora.
A súa intervención empeza pola solicitude de documentación diversa como o manual técnico (proxecto), libro de operacións e mantemento ou seguro de responsabilidade civil. Supervisan o correcto estado exterior (nivelados, asentamentos, proteccións, soldaduras...), elementos de seguridade do público e da contorna, elementos da seguridade estrutural da atracción e correcto funcionamento das instalacións eléctricas. Todo isto inspecciónase desde o momento da montaxe ata os ensaios de seguridade antes da súa apertura. Mesmo nese momento, contrólase tamén que cada instalación dispoña de carteis visibles ao público informando de riscos e limitacións para acceder á devandita atracción.
O colectivo de feirantes non é alleo ás repercusións que está tendo para este sector a morte dun home nas festas de Matamá, en Vigo. Betty Camareiro, membro da directiva da Asociación de Feirantes de Galicia, sinalaba respecto diso que "somos os primeiros interesados en que o risco de accidente sexa o mínimo e poñemos todo o noso interese en ter as nosas atraccións en perfectas condicións. Xulgar a todo un sector por un caso concreto non é xusto, está a prexudicarnos a todos".
Revisión e instalación das atraccións das Festas da Peregrina
Persoal de Enmacosa comezou a inspección visual dos postos instalados na contorna da Alameda de Pontevedra
© PontevedraViva
Relacionadas:
-
O rock máis puro de El Drogas sobe o pano das Festas da Peregrina
Por Redacción & Mosrey Fotografía |
-
Os fogos de artificio iluminan Pontevedra
Por Redacción & Mosrey Fotografía |
-
Teresa Fernández-Valdés, pregoeira: "Imos dalo todo. Vivan as Festas da Peregrina!"
Por Mosrey Fotografía & Anxo Lourido |
-
As atraccións feirais infantís resenten a facturación estival fronte ás do público de máis idade
Por Redacción |
-
Programa das Festas da Peregrina
Por Redacción |
-
Retiran as letras de "Pontevedra" da Praza de Ourense
Por Oskar Viéitez |
-
A Rúa Alameda, pechada polas Festas da Peregrina entre o 7 e o 21 de agosto
Por Redacción |
-
Os técnicos inspeccionan as atraccións das festas de Santiaguiño do Burgo
Por Redacción |