
Sanxenxo abre un período de consultas de dous meses para consensuar o plan de mobilidade

Por Redacción
O Concello de Sanxenxo abrirá unha xeira de encontros abertos á cidadanía, entre os días 25 de febreiro e o 12 de abril, para definir as liñas do plan de mobilidade sostible. Estes encontros, nove de carácter territorial e seis sectoriais, celebraranse no salón de plenos do Concello e teñen como obxectivo recoller as percepcións da veciñanza no que atinxe a cuestións de mobilidade urbana