Inaugurada a exposición de Carmen Hermo na Sala Nauta de Sanxenxo
Por Redacción
A obra plástica da artista pontevedresa Carmen Hermo poderá verse na Sala Nauta de Sanxenxo ata o próximo 28 de xullo.
Durante a inauguración da exposición, celebrada este domingo, a doutora en Belas Artes e profesora da facultade en Pontevedra, estivo arroupada por un bo número de familiares e amigos das artes e a escena.
A todos eles fixo partícipes dos seus poemas, dos seus versos e das súas palabras que son o fiel reflexo descritivo que transmite a colección, dividida en dous proxectos con diversas series: A Pegada Sensible e Docentia Naturae.
"Este é o froito da impecable xestión de Francisco Hernández á fronte da Cultural, que fixo posible a programación nun tempo récord", agradeceu Hermo. "Este parto prematuro fixo que os meus horarios de traballo convertésense nunha maratón, esgotadora pero apaixonante", confesou a artista.
Ao acto acudiron figuras relevantes como Antón Sobral, Carmen Quinteiro, Antón Castro ou a súa propia filla, entre outros, e con figuras coñecidas como Galia Blanco, que actualmente exhibe obra nas propias instalacións da Cultural.