O Mundial de Colchonetas de Sanxenxo cumpre 14 veráns
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A praia da Panadeira, en Sanxenxo, acollerá un ano máis un dos eventos máis divertidos do ano na comarca, o Campionato do Mundo de Colchonetas organizado pola Asociación Lúdica e Cultural 'O Cubreiro'.
Na súa décimo cuarta edición, a curiosa competición terá lugar o vindeiro domingo 21 de xullo.
Para adaptarse á preamar, o Mundial de Colchonetas comezará este ano ás 16.00 horas da tarde coa saída dos nenos e nenas menores de 10 anos, para continuar ás 16.30 horas os participantes de 10 a 14 anos e concluír ás 17.00 horas os adultos.
A inscrición, sinala a organización, poderase formalizar media hora antes do evento.
Como cada ano a diversión está asegurada, e é que os participantes non só tentarán escoller un colchón que lles distinga dos demais, senón que se afanan en buscar un disfrace acorde coa cita.
Este ano, como novidade, celebrarase unha 'Máster Class' de castelos e figuras de area impartida por Michal Kornas, ás 11.00 horas da mañá.
O Mundial de Colchonetas repartirá premios aos tres primeiros clasificados en cada unha das categorías, así como para os tres mellores disfraces individuais e para o mellor disfrace en grupo.
Relacionadas:
-
As carteiras, algunha con máis de mil euros, o mais habitual na oficina de obxectos perdidos de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Obras de saneamento urxente na Carabuxeira para mellorar a calidade de auga
Por Redacción |
-
Nin o 'Bribón' pode competir en diversión co Campionato Mundial de 'Colchonetas'
Por Redacción |