A Deputación oferta máis de 2.000 prazas en spas e balnearios para maiores de 55 anos
Por Almu Dapena
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, anunciou este venres en rolda de prensa que a institución provincial adxudicou algo máis de 440.000 euros para o turismo da provincia.
Más concretamente, 220.000 euros irán destinados ao programa +Benestar, que ofertará 2.127 prazas para que as persoas maiores de 55 anos poidan acceder a balnearios, talasos ou spas da provincia. En caso de non chegar a esta idade, poden optar a esta axuda persoas cunha discapacidade superior ao 65%, ser pensionistas ou ter acreditado un respiro familiar.
O programa desenvolverase a partir do mes de setembro en sete establecementos termais situados en Sanxenxo, O Grove, Mondariz e Lalín e os prezos oscilarán entre 330 e os 425 euros.
A Deputación subvencionará 2.097 prazas de réxime xeral con 100 euros e 30 prazas especiais con 400 euros. As persoas usuarias deberán abonar o importe restante.
No caso das estancias, serán de seis días e cinco noites. O paquete comprende pensión completa, actividades de animación sociocultural e a utlilización do spa ou balneario.
Doutra banda, a Xunta de Goberno prinvincial adxudicou 200.000 euros para a posta en marcha dun novo asistente conversacional intelixente na web de Turismo Rías Baixas.
Os 'chatbots' intelixentes aproveitarán os fluxos de datos e proporcionará ás persoas usuarias información de interese para dar resposta ás súas preguntas.
Este servizo desenvólvese no marco do proxecto 'Tourist Inside II' co que a Deputación está a transformar a provincia como Destino Turístico Intelixente. Ademais, emitirá a creación dunha plataforma semántica que almacene, xestione e analice os datos, datos, sincronizándose á vez coa información existente, para poder interpretar a información e dar resposta ás demandas dos viaxeiros, logrando un turismo máis personalizado e diferenciador.
Relacionadas:
-
Abren o prazo para inscribirse no programa de balnearios para maiores de 55 anos
Por Redacción |
-
Presentación calorosa da estratexia turística para o "mellor lugar do mundo"
Por Anxo Lourido |
-
A Deputación de Pontevedra destina 3,1 millóns de euros á conservación de firmes
Por Oskar Viéitez |
-
Máis cartos para garantir o bo funcionamento do centro de acollida de animais da Armenteira
Por Redacción |
-
Luis López escusa o atraso nas concesións de axudas a clubs deportivos da Deputación nas "disparidades de calendarios"
Por Anxo Lourido |
-
Aprobadas as axudas para financiar a atención ao público nas oficinas de turismo da rede provincial
Por Redacción |
-
A Deputación incrementa en 200.000 euros as axudas a clubs e federacións da provincia
Por Redacción |
-
A Deputación subvencionará fins de semana en balnearios para familias con nenos
Por Oskar Viéitez |