Dúas persoas feridas tras un choque entre motos de auga en Portonovo
Por Redacción
Un choque entre motos de auga provocou que dúas persoas resultasen feridas.
Unha delas, un home, foi trasladada ao hospital cunha posible fractura na perna dereita; mentres que a outra, unha moza, ten prognóstico grave, tras romper o fémur e a cadeira.
Así o informou o 112 Galicia, que indicou que o accidente se produciu minutos despois das oito da tarde.
Foron as autoridades municipais de Sanxenxo as que solicitaron a través do servizo de emerxencias asistencia médica e a presenza de axentes de seguridade debido á colisión.
Ao porto de Portonovo acudiron dúas ambulancias para asistir aos feridos.
Ambas as persoas estaban xa fóra da auga e o 112 Galicia, ademais do persoal sanitario do 061, pediu a colaboración de axentes da Policía Local de Sanxenxo e da Garda Civil.
Os sanitarios ofreceron os primeiros coidados aos dous feridos, que foron evacuados en senllas ambulancias ao Hospital Montecelo.
Relacionadas:
-
Varios accidentes provocan caravanas na autoestrada e no acceso á Lanzada
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Tráfico tramita unha denuncia por infracción grave, recollida nun vídeo achegado por un cidadán
Por Oskar Viéitez |
-
A mellora do Outeiro de Dorrón e a contorna da capela de San Amaro de Arra en Adina realizaranse despois do verán
Por Redacción |