Ángel Rodríguez, mellor adestrador do grupo I de Segunda Federación polo seu ascenso co Pontevedra
Por Manu Otero
Día de recoñecementos para os adestradores e adestradoras de fútbol con motivo da celebración da IX edición dos premios Ramón Cobo. Galardóns que serven para recoñecer os éxitos deportivos, así como a defensa de valores como o bo comportamento, o respecto e o espírito de deportividade. Entre os trece agasallados atopábase Ángel Rodríguez, que recibiu o premio polo seu labor á fronte do Pontevedra na tempada 2021/2022 no grupo I de Segunda Federación.
O técnico leonés foi recoñecido como o mellor adestrador da tempada no grupo I de Segunda Federación. Nesa tempada, o equipo granate acabou gañando a liga despois dun longo man a man co Unión Adarve ao que, despois dun mal inicio de liga, o Pontevedra foi recortando distancias aos poucos para deixar case pechado o ascenso directo na penúltima xornada de liga, algo que certificaron na última nunha festa en Palencia na que granates e morados festexaron xuntos o ascenso dos primeiros e a clasificación para o playoff dos segundos.
Agradezco a la @rfef el reconocimiento por el premio “Ramón Cobo” a mejor entrenador del Grupo 1 de la Segunda RFEF. Esto no hubiera sido posible sin la implicación de cada una de las personas que componen el @PontevedraCFSAD y en especial a cada uno de mis jugadores. pic.twitter.com/Fzmx0PStF4
— Angel (@angelRN72) March 23, 2023
"Agradezo á RFEF o recoñecemento polo premio Ramón Cobo a mellor adestrador do Grupo I da Segunda RFEF. Isto non tería sido posible sen a implicación de cada unha das persoas que compoñen o Pontevedra CF SAD e en especial a cada un dos meus xogadores", agradeceu o preparador a través das súas redes sociais.
O resto de premiados son:
Primera División Carlo Ancelotti (Real Madrid)
Segunda División José Rojo 'Pacheta' (Real Valladolid CF)
Primera Federación G-I Guillermo Fernández (Racing Club)
Primera Federación G-II Miguel Álvarez (Villarreal CF B)
Segunda Federación G-I Ángel Rodríguez (Pontevedra)
Segunda Federación G-II Santi Castillejo (CA Osasuna B)
Segunda Federación G-III Diego Martínez (CD Numancia)
Segunda Federación G-IV Germán Crespo (Córdoba CF?
Segunda Federación G-V Gustavo Siviero (CF Intercity)
Primera División Femenina Jonatan Giráldez (FC Barcelona)
1ª Federación Futsal Masculina Jesús Velasco (FC Barcelona)
2ª Federación Futsal Masculina 'Tete' (UMA Antequera FS)
1ª Federación Futsal Femenina Andrés Sanz (Atlético Navalcarnero)
Relacionadas:
-
Os mellores xestores do deporte serán recoñecidos este venres en Pontevedra
Por Redacción |
-
Boas noticias no Pontevedra para outra final contra o Rayo Majadahonda: "Case todos están a punto menos algunha mínima excepción"
Por Almu Dapena |
-
Toni Otero: "Tentei facer do Pontevedra un club máis profesional, non sempre se consegue"
Por Manu Otero |
-
Ángel Rodríguez leva o preparador físico Cristóbal ao Rico Pérez
Por Manu Otero |
-
Ángel Rodríguez despídese do Pontevedra: "Volveremos a encontrarnos. Siempre tendréis en mí a un granate más"
Por Almu Dapena |
-
Toni Otero, sobre a saída de Ángel Rodríguez e a renovación de Yelko: "Se hai tres meses fixésemos o que propuxen non estariamos nesta situación"
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez e o Pontevedra, unha negociación tardía rota cando menos se esperaba
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez, novo adestrador do Hércules
Por Diego Espiño |
-
A vía Ángel Rodríguez para o banco de Pasarón segue aberta
Por Manu Otero |