O Arxil comeza a segunda volta con vitoria en Almería (55-64)

Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil comezou a segunda volta da Liga Feminina 2 da mellor forma: gañando a domicilio a todo un Costa de Almería, segundo clasificado, e poñendo fin á súa serie de tres derrotas consecutivas fóra de Pontevedra.
Iniciou o conxunto verde o encontro asinando un primeiro parcial de 0-7 con Forster e Moreira, pero enseguida o conxunto local deu a volta ao luminoso para acabar o cuarto cunha lixeira vantaxe 12-10.
E así se foron desenvolvendo os seguintes 10 minutos, con completa igualdade que deixaba todo por decidir tras o descanso (27-27).
Despois do paso polos vestiarios o Arxil mantívose férreo en tarefas defensivas truncando os intentos dun Almería que quería tomar o dianteira pero que era incapaz. De feito, as almerienses endosaron un parcial de 6-0 que as verdes lle devolveron para irse por diante ao último cuarto (45-46).
Ningún equipo quería baixarse do carro e o triunfo podía irse a calquera lado, pero só quen competise mellor levaríallo.
E foron precisamente as pupilas de Mayte Méndez as que se aferraron a ese mínimo colchón para finalmente sentenciar cunha Bernardeco sublime (17 puntos) e cos dous últimos tiros libres de María Lago que lles deron a vitoria por 55-64.
Consulta as estatísticas do partido nesta ligazón
Relacionadas:
-
Un gran segundo cuarto válelle ao Arxil para superar o Sevilla (64-52)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
O Arxil renace tras o descanso e supera o Barakaldo (62-68)
Por Redacción |
-
O León rompe a boa serie do Arxil tras un encontro igualado (64-69)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Chamamento á afección do Arxil para o partido deste sábado contra o León
Por Redacción |
-
O Arxil cumpre ante a súa afección e sentenza o Magectias (75-60)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Maite Méndez e a Orquestra Sinfónica de Pontevedra, premios Cidade de Pontevedra 2022
Por Oskar Viéitez |
-
O Arxil inicia o ano con derrota contra o Unibasket Logroño (70-57)
Por Redacción |
-
O Arxil sentencia o Maristas Coruña no terceiro cuarto (88-57)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Un desafortunado último cuarto leva o Arxil á derrota en Santander (57-49)
Por Redacción |
-
O Arxil segue crecendo con triunfo ante Unicaja (75-51)
Por Cristina Saiz & Redacción |