O León rompe a boa serie do Arxil tras un encontro igualado (64-69)

© Cristina Saiz

© Cristina Saiz

© Cristina Saiz
Non puido ser. O Club Baloncesto Arxil caeu este sábado ante o León no CGTD tras un encontro de infarto que se decidiu nos últimos instantes.
O cadro pontevedrés empezou con problemas o partido, cometendo erros de fronte ao aro e incapaz de facerse cos rebotes, que marcaban un 10-21 aos seis minutos de xogo. Reaccionou con todo o Arxil a partir de aí, defendendo con uñas e dentes cada balón e facendo o propio en tarefas ofensivas, reducindo distancias en 17-21 ao final do primeiro cuarto.
Os seguintes 10 minutos foron sen dúbida para as locais, que traballou con moita intensidade para lograr dar a volta ao marcador e irse ao descanso cunha pequena renda de tres puntos (32-29).
Despois do paso polos vestiarios, as de verde saíron a por todas e conseguiron a maior renda ata o momento (40-29), pero tras un tempo morto solicitado polo León as cousas complicáronse para o Arxil, que empezou a perder balóns que se traduciron en canastras coas que o seu rival deu a volta ao marcador a falta de dez minutos para a conclusión (47-49).
Quedaba por disputarse o último cuarto, onde se produciu un intercambio de golpes en ambos os aros e o equipo que cometese menos erros faríase co triunfo. E a pesar de que o Arxil conseguiu unha vantaxe de seis puntos moi valiosa a falta de 4 minutos para o final (62-56), entre Brandy e Capellán encargáronse de espertar ás pontevedresas do ilusionante inicio de segunda volta que estaban a facer, asinando un 64-69 co que concluíu o partido.
Consulta as estatísticas nesta ligazón
Relacionadas:
-
O Arxil quere recuperar a cuarta praza ante o líder Tirso Intercentro
Por Redacción |
-
O Arxil renace tras o descanso e supera o Barakaldo (62-68)
Por Redacción |
-
Os compromisos internacionais obrigan a aprazar o derbi entre Arxil e Cortegada
Por Redacción |
-
A xogadora do Arxil Nena Trajchevska recibe a chamada da súa selección, Macedonia do Norte
Por Redacción |
-
Chamamento á afección do Arxil para o partido deste sábado contra o León
Por Redacción |
-
O Arxil cumpre ante a súa afección e sentenza o Magectias (75-60)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Arxil comeza a segunda volta con vitoria en Almería (55-64)
Por Redacción |
-
O Arxil inicia o ano con derrota contra o Unibasket Logroño (70-57)
Por Redacción |