O Arxil inicia o ano con derrota contra o Unibasket Logroño (70-57)
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil empezou con mal pé o novo ano, caendo en Logroño contra o Unibasket por 70-57 pese ao bo acerto de Carolina Ribeiro, que anotou 19 puntos, e de Margarita Moreira, con 12.
Entraron os dous equipos moi enchufados ao encontro en tarefas ofensivas, asinando un primeiro cuarto do todo igualado que concluíu cun resultado de 20-24 a favor do Arxil.
O Unibasket Logroño púxose ao choio a partir dese momento en tarefas defensivas, dificultando os lanzamentos das pontevedresas, e castigándoas sobre todo desde a liña de tres puntos para dar a volta ao marcador (39-32).
Tentaron as xogadoras de Mayte Méndez reverter a situación despois do intermedio e apertaron o resultado deixando todo por decidir no último cuarto (52-48), onde todo cambiou.
O Arxil colocouse a dous puntos cunha canastra de Forster nada máis comezar, pero nun visto e non visto as verdes desapareceron completamente. Non entraba nada e os nervios empezaron a facer efecto, sobre todo cando as locais ampliaban a súa vantaxe en 10 puntos cando se alcanzaba o ecuador. Tentou reverter a situación a adestradora pontevedresa parando o tempo pero de nada serviu, o balón non quería entrar na canastra dun Unibasket Logroño que levou o triunfo por 70-57.
Consulta as estatísticas nesta ligazón
Relacionadas:
-
O León rompe a boa serie do Arxil tras un encontro igualado (64-69)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Chamamento á afección do Arxil para o partido deste sábado contra o León
Por Redacción |
-
O Arxil cumpre ante a súa afección e sentenza o Magectias (75-60)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Arxil comeza a segunda volta con vitoria en Almería (55-64)
Por Redacción |
-
O Arxil volverá ao traballo o 2 de xaneiro
Por Redacción |
-
Xornada lúdica e deportiva entre as bases de Arxil e Rosalía co torneo Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
O Arxil faise co XXVI Trofeo Cidade de Pontevedra ao derrotar o Carmelitas de Ourense
Por Redacción |
-
O Arxil sentencia o Maristas Coruña no terceiro cuarto (88-57)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Un desafortunado último cuarto leva o Arxil á derrota en Santander (57-49)
Por Redacción |