Pablo Dapena abandona no Mundial de Longa Distancia: "Preferí echarme a un lado y darme una oportunidad"
Por Almu Dapena
Parece que a mala sorte non deixa en paz a Pablo Dapena, que decidiu abandonar antes da carreira a pé no Campionato do Mundo de Tríatlon de Longa Distancia que se celebrou este domingo en Samorin.
Ocorreu o nunca visto, e é que a tolerancia dos 'invisibles' xuíces permitiu a Pierre Le Corre facer o que quixo durante toda a proba sen respectar a distancia cos seus adversarios facendo drafting. Isto quere dicir que colocouse detrás dun rival en todo momento para beneficiarse dunha posible diminución da resistencia.
Foi ese o motivo polo que o triatleta pontevedrés, indignado coa situación, prefierió botarse ao carón e abandoar.
"No soy de retirarme, es más, nunca me he retirado salvo que sea por lesión o pinchazo, pero esta vez antes de odiar este deporte y mandar a tomar todo por...preferí echarme a un lado y darme un oportunidad", escribiu Dapena nas súas redes sociais.
No soy de retirarme, es más nunca me he retirado salvo que sea por lesión o pinchazo pero esta vez antes de odiar este deporte y mandar a tomar todo por...preferí echarme a un lado y darme un oportunidad
— Pablo Dapena Gonzalez (@pablitopiny) August 21, 2022
En canto á carreira, estivo marcada por nubes e moito vento que aproveitaron os deportistas para crear diferenzas maiores.
Lideraron o segmento a nado Jamie Riddle e Pierre Le Corre cun tempo de 24:40 e unha vantaxe de 31 segundos sobre Florian Angert, mentres que o resto de triatletas, afectados pola ondada, foron saíndo dun nun. Pablo Dapena saíu en oitava posición a un minuto dos líderes.
No tramo en bicicleta, Florian Angert chegou na cabeza de carreira á T2 pero Pierre Le Corre mantívolle a 7 metros en todo momento co consentimento dos xuíces, ata que no quilómetro 60 o alemán conseguiu soltarlle definitivamente.
Por detrás, Dapena pasaba o punto de retorno no posto 12 a 2:31 dun grupo de 5 triatletas entre os que se atopaba o sueco Kallin.
Angert chegou primeiro á T2 cun tempo de carreira de 2:10:28 e un parcial de 1:42:38; a 15 km da T2, Frederik Funk cazou a Le Corre, quen reduciu a distancia a 4 metros do alemán ata a T2 para que ambos chegasen con 1:06 de vantaxe.
A 3:32 chegaba o grupo de 5 de Robert Kallin, mentres o pontevedrés descendía ao posto 15 a 8:54, momento no que decidiu abandonar a proba.
Os 18 quilómetros de carreira a pé dominounos de principio a fin PierreLe Corre para finalizar cun tempo de 3:01:12. Angert foi segundo a 2:14 e outro alemán, Frederik Funk, chegou terceiro a 4:25.
O Top5 completárono o italiano Gregory Barnaby e o francés Clement Mignon.
Relacionadas:
-
Pablo Dapena renova co equipo BMC: "Non me esperaba poder estar catro anos neste equipo"
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena pecha a tempada cun segundo posto no Ibiza Half Triathlon
Por Almu Dapena |
-
A mala sorte cébase con Pablo Dapena: unha picada obrígalle a abandonar o Challenge Peguera-Mallorca
Por Almu Dapena |
-
Pablo Dapena estrea as cores do Tríatlon Rías Baixas
Por Diego Espiño |
-
Un fallo mecánico na bicicleta obriga a Pablo Dapena a abandonar o Challenge San Remo
Por Almu Dapena |
-
Pablo Dapena, aspirante a estrear o palmarés do Challenge San Remo
Por Diego Espiño |
-
Meritorio décimo posto de Pablo Dapena no PTO de Dallas
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena repetirá experiencia no circuíto PTO o 18 de setembro no US Open de Dallas
Por Redacción |
-
Pablo Dapena, ante a súa proba fetiche, o Mundial de Tríatlon de Longa Distancia
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena reponse "á peor natación da miña vida" e unha cambra para asinar un top 20 no PTO de Canada
Por Manu Otero |
-
Remontada épica e terceiro posto para Pablo Dapena no Europeo Ironman 70.3 de Elsinore
Por Almu Dapena |
-
Pablo Dapena arrasa no Challenge de Gdansk
Por Almu Dapena |