Un fallo mecánico na bicicleta obriga a Pablo Dapena a abandonar o Challenge San Remo

Por Almu Dapena
Non está a ser o ano para Pablo Dapena, que se viu obrigado a retirarse do Challenge San Remo por problemas mecánicos no segmento ciclista. Curiosamente, o pontevedrés foi o único atleta que optou por usar unha bicicleta de carreira para a proba.
O triatleta pontevedrés, xunto ao outro español Roberto Sánchez Mantecón, eran dous dos favoritos para meterse no podio desta proba, que se estreaba no calendario do tríatlon cun trazado atractivo con subida ao Passo dei Ghimbegna, de 1030 metros de altitude, e a súa posterior baixada.
A carreira comezou ao redor das 8:20 horas cos 1.900 metros de tación, onde o suízo Sven Thalman foi o primeiro en saír da auga seguido a seis segundos de Pablo Dapena.
No tramo ciclista formáronse varios grupos. O primeiro en chegar á T2 foi o francés William Menneson, cunha vantaxe de 15 segundos ao seu compatriota Simon Viaim. Roberto Sánchez era quinto a catro minutos do líder e o pontevedrés, contra todo prognóstico, víase obrigado a retirarse por problemas mecánicos.
Mentres tanto, o italiano Gregory Barnaby reduciu posicións e fíxose co triunfo nun tempo de 4:11:59, seguido por William Mennesson (4:12:15) e por Simon Viain (4:12:43) en terceira posición.
Mantecón foi quinto cun crono de 4:16:06 mentres que o tamén español Alberto Casillas cruzaba a liña de meta en sétima posición cun tempo de 4:17:10.
Relacionadas:
-
Pablo Dapena renova co equipo BMC: "Non me esperaba poder estar catro anos neste equipo"
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena pecha a tempada cun segundo posto no Ibiza Half Triathlon
Por Almu Dapena |
-
A mala sorte cébase con Pablo Dapena: unha picada obrígalle a abandonar o Challenge Peguera-Mallorca
Por Almu Dapena |
-
Pablo Dapena estrea as cores do Tríatlon Rías Baixas
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena, aspirante a estrear o palmarés do Challenge San Remo
Por Diego Espiño |
-
Meritorio décimo posto de Pablo Dapena no PTO de Dallas
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena abandona no Mundial de Longa Distancia: "Preferí echarme a un lado y darme una oportunidad"
Por Almu Dapena |
-
Pablo Dapena reponse "á peor natación da miña vida" e unha cambra para asinar un top 20 no PTO de Canada
Por Manu Otero |