Renovar ao groso do seu plantel e buscar recambio para María Lago, plans do Arxil para a nova tempada
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil xa traballa na planificación da próxima tempada, na que repetirá presenza na Liga Feminina 2 coa mira posta en pelexar polo play-off de ascenso.
O salto de categoría escapouse por detalles a campaña recentemente finalizada, por iso a principal prioridade da comisión deportiva arxilista encabezada pola adestradora Mayte Méndez é lograr a continuidade do seu núcleo duro.
Nesa terna atópanse a serbia Dunja Buzadzin, a norteamericana Heather Forster, a bahameña Ruth Adams ou Nerea Liste, xunto ás xogadoras de casa e asentadas no club desde hai anos.
Ademais prevese realizar unha incorporación no posto de escolta para cubrir a longa convalecencia á que enfronta María Lago, lesionada de gravidade na fase de ascenso de Melilla e que estará aínda moitos meses afastada das canchas de xogo.
Só no caso de que se produzan saídas o Arxil valorará realizar máis fichaxes para o seu primeiro equipo, tentando apoiarse ao máximo no seu filial mantendo a súa filosofía de traballo.
Relacionadas:
-
A pretemporada de Arxil e Cortegada pasa por disputar a Copa Galicia
Por Redacción |
-
Sorteado o calendario de liga 22/23 para Arxil e Cortegada na Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Noa Casalderrey retírase e Adriana Aparicio non continuará no Arxil
Por Redacción |
-
Definido o grupo que lle espera ao Arxil e Cortegada na Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Mayte Méndez seguirá adestrando o Arxil e facendo historia no baloncesto nacional
Por Almu Dapena |
-
O soño polo ascenso do Arxil remata con vitoria sobre o Castelló (78-75)
Por Almu Dapena |
-
O Arxil cede a súa segunda derrota e di adeus ao soño do ascenso (64-61)
Por Manu Otero |
-
Grave lesión de María Lago, ao romper o tendón de Aquiles no primeiro partido da fase de ascenso co Arxil
Por Diego Espiño |