Grave lesión de María Lago, ao romper o tendón de Aquiles no primeiro partido da fase de ascenso co Arxil

Por Diego Espiño
A derrota no primeiro partido da fase de ascenso á Liga Feminina Challenge non foi a peor noticia da xornada para o Club Baloncesto Arxil, que viu como unha das xogadoras con maior peso no equipo lesionouse de gravidade.
Trátase de María Lago, capitá arxilista tras 11 tempadas no club e que se retirou en padiola con claros signos de dor cando só faltaban uns segundos para concluír a partida fronte ao GEiEG.
Con todo decidido, nunha acción desafortunada, Lago queixouse do seu pé esquerdo tras un mal apoio, nunha acción que inmediatamente espertou gran preocupación.
A escolta foi trasladada ao Hospital Clínico de Melilla para a súa valoración, confirmado o Arxil a última hora do día o duro diagnóstico, rotura do tendón de Aquiles.
Trátase dunha lesión de extrema gravidade que lle obrigará a pasar polo quirófano e manteralle afastada das canchas de xogo durante moitos meses.
Tras o diagnóstico inicial, Lago ten previsto abandonar este venres a expedición arxilista na fase de ascenso en Melilla para, acompañada da presidenta do club, Milagros Sanmartín, regresar a Galicia e someterse a unha nova valoración médica que permita planificar a súa recuperación.
"A xogadora atópase ben, coas lóxicas limitacións de mobilidade", sinalou o Arxil mostrando o apoio incondicional da entidade á súa capitá.
Relacionadas:
-
Mayte Méndez seguirá adestrando o Arxil e facendo historia no baloncesto nacional
Por Almu Dapena |
-
Renovar ao groso do seu plantel e buscar recambio para María Lago, plans do Arxil para a nova tempada
Por Redacción |
-
O soño polo ascenso do Arxil remata con vitoria sobre o Castelló (78-75)
Por Almu Dapena |
-
O Arxil cede a súa segunda derrota e di adeus ao soño do ascenso (64-61)
Por Manu Otero |
-
Mal inicio do Arxil na fase de ascenso, con derrota fronte ao GEiEG (56-68)
Por Diego Espiño |
-
O Arxil viaxa a Melilla "a por todas" na busca do ascenso á Liga Feminina Challenge
Por Diego Espiño |
-
Desvelado o camiño que lle espera ao Arxil na fase de ascenso á Liga Feminina Challenge
Por Redacción |
-
O Arxil cae contra o Adareva e finaliza terceiro a liga regular (69-75)
Por Cristina Saiz & Redacción |