O Arxil viaxa a Melilla "a por todas" na busca do ascenso á Liga Feminina Challenge
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
Chega a hora da verdade para o Club Baloncesto Arxil, que sete anos despois volverá xogar polo ascenso de categoría.
As pontevedresas buscarán unha das prazas para subir á Liga Feminina Challenge na fase de ascenso que terá lugar desde o vindeiro xoves 22 de abril en Melilla, un play-off ao que acoden "a por todas", asegura a adestradora arxilista, Mayte Méndez.
"Todos saïamos este ano co obxectivo de meternos aí e ascender á liga á que non estamos a pesar dos méritos deportivos" recoñece a preparadora horas antes de poñer rumbo á cidade autónoma.
O Arxil chega á cita tras recuperar efectivos e coa única ausencia da lesionada de longa duración Carla Fernández. "As últimas lesións de Lago e de Dunja necesitaron tempo para recuperarse pero están en bo estado para afrontar a fase", avanza Méndez.
A responsable do equipo pontevedrés analiza unha fase de ascenso na que afrontarán primeiro unha liguiña de tres partidos "na que te podes permitir un fallo", sendo moi importante comezar con bo pé.
O seu debut producirase o xoves (11.00 horas) fronte ao GEiEG catalán, continuando o venres 22 medirase ao Adareva tinerfeño (13.15 horas) e o sábado 23 ao Fustecma Castelló (13.15 horas). Ao termo da liguiña os dous primeiros clasificados pasarán a unha eliminatoria directa polo ascenso cos equipos clasificados do grupo contrario, e que se xogará o domingo día 24. Alí confía en estar o Arxil, que quere recuperar o seu lugar na segunda categoría do baloncesto feminino nacional.
Relacionadas:
-
O soño polo ascenso do Arxil remata con vitoria sobre o Castelló (78-75)
Por Almu Dapena |
-
O Arxil cede a súa segunda derrota e di adeus ao soño do ascenso (64-61)
Por Manu Otero |
-
Grave lesión de María Lago, ao romper o tendón de Aquiles no primeiro partido da fase de ascenso co Arxil
Por Diego Espiño |
-
Mal inicio do Arxil na fase de ascenso, con derrota fronte ao GEiEG (56-68)
Por Diego Espiño |
-
Desvelado o camiño que lle espera ao Arxil na fase de ascenso á Liga Feminina Challenge
Por Redacción |
-
O Arxil cae contra o Adareva e finaliza terceiro a liga regular (69-75)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
O Arxil xogarase o ascenso en Melilla
Por Redacción |