Desvelado o camiño que lle espera ao Arxil na fase de ascenso á Liga Feminina Challenge
Por Redacción
A Federación Española de Baloncesto deu a coñecer a folla de roteiro da fase de ascenso á lLga Feminina Challenge que se celebrará do 21 ao 24 de abril en Melilla.
Alí estará o Club Baloncesto Arxil tras finalizar a fase regular da Liga Feminina 2 na terceira posición.
O conxunto pontevedrés quedou encadrado no Grupo A de o play-off xunto ao Fustecma Castellón (2º da liga regular B), o Vega Lagunera Adareva canario (2º da liga regular A) e o GEiEG catalán (5º da liga regular B).
O sistema de competición da fase de ascenso será unha liguiña a unha volta na que os dous primeiros clasificados de cada grupo accederán ás dúas finais directas polo ascenso cos equipos clasificados do grupo contrario.
Segundo estableceu a Federación, o Arxil debutará o xoves 21 de abril (11.00 horas) fronte ao GEiEG, o venres 22 medirase ao Adareva tinerfeño (13.15 horas) e o sábado 23 fará o propio co Fustecma Castellón (13.15 horas).
O outro grupo da fase de ascenso compóñeno o club anfitrión, o Melilla Sport Capital La Salle, xunto a ISE Costa de Almería, Unilever Viladecans e Anagan Casablanca Stadium.
Relacionadas:
-
O Arxil cede a súa segunda derrota e di adeus ao soño do ascenso (64-61)
Por Manu Otero |
-
Grave lesión de María Lago, ao romper o tendón de Aquiles no primeiro partido da fase de ascenso co Arxil
Por Diego Espiño |
-
Mal inicio do Arxil na fase de ascenso, con derrota fronte ao GEiEG (56-68)
Por Diego Espiño |
-
O Arxil viaxa a Melilla "a por todas" na busca do ascenso á Liga Feminina Challenge
Por Diego Espiño |
-
O Arxil cae contra o Adareva e finaliza terceiro a liga regular (69-75)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
O Arxil xogarase o ascenso en Melilla
Por Redacción |
-
O Arxil supera o Córdoba na recta final (66-71)
Por Redacción |