O Cisne tramita a contrarreloxo a incorporación do brasileiro Guilherme Valadao
Por Diego Espiño
O Dicsa Modular Cisne bota o resto para tentar loitar pola permanencia na Liga Asobal.
O conxunto pontevedrés chegou a un acordo co brasileiro Guilherme Valadao para que se converta na terceira fichaxe invernal do equipo, tras o lateral Oleksandr Nekrushet e o extremo Ángel Iglesias.
Trátase dun home de primeira liña "que puede jugar en las tres posiciones", asegura o presidente do club, Santiago Picallo, aínda que a súa posición natural é a de lateral esquerdo, e a súa chegada vén cubrir o importante oco deixado no plantel pola retirada de David Chapela.
Pese ao acordo, a súa incorporación non é inminente, xa que se atopa no seu país tentando axilizar a tramitación do seu visado para poder viaxar a Pontevedra. Ademais podería verse afectado pola corentena imposta polo Goberno de España ás persoas chegadas de Brasil, polo que non se espera poder contar con el "por lo menos hasta marzo", confirma Picallo.
Internacional polo seu país, Valadao "lleva casi un ano sin jugar", explica o dirixente, tras o seu último paso por Steaua Bucuresti de Romanía, aceptando o reto de volver a Europa pensando nas súas opcións de disputar no verán os Xogos Olímpicos.
Unha arma importante para Jabato para un final de tempada que se prevé moi apertado pola parte baixa de Asobal.
Ao longo da súa traxectoria, Guilherme Valadao pasou xa previamente pola liga española, defendendo as cores do Guadalajara e o Granollers.
Relacionadas:
-
Guilherme Valadao aterra en Pontevedra para salvar o Cisne e conseguir o seu billete a Tokio
Por Manu Otero |
-
Sen xornada de Asobal pola Copa do Rei, pero con partido para o Cisne
Por Redacción |
-
Un Cisne de dúas caras estrélase co Puerto Sagunto e ve perigar a salvación de categoría (35-23)
Por Almu Dapena |
-
Viaxe a Puerto Sagunto do Cisne para un partido "de los que necesitamos ganar para intentar salvar la categoría"
Por Diego Espiño |
-
Preocupante lesión de Andrés Sánchez no Cisne
Por Diego Espiño |
-
Os xogadores do Cisne retoman os adestramentos superado o seu segundo confinamento da tempada
Por Diego Espiño |
-
Confirmado o aprazamento do derbi galego de Asobal entre Cisne e Cangas
Por Redacción |
-
Confirmados dous positivos máis no Cisne, que espera volver os adestramentos esta semana
Por Almu Dapena |
-
O vestiario do Cisne segue en corentena e o club pedirá a suspensión dos dous próximos partidos
Por Manu Otero |
-
Un positivo por covid no Cisne obriga a suspender o partido ante o Granollers deste sábado
Por Almu Dapena | Creada e actualizada
-
A inactividade pasa factura ao Cisne en Cuenca no regreso da Liga Asobal (36-25)
Por Diego Espiño |