Un positivo por covid no Cisne obriga a suspender o partido ante o Granollers deste sábado
Por Almu Dapena
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A situación complícase para o Dicsa Modular Cisne que se volveu a ver afectado pola pandemia da covid-19. Segundo comunicou o club pontevedrés, un xogador das súas filas deu positivo en coronavirus e víronse obrigados a suspender o partido ante o Granollers que se ía a disputar este sábado ás 17:00 horas no Pavillón Municipal.
Agora todo o plantel permanecerá confinado dez días fóra de Álex Chan, que superou o virus e a pertinente corentena cando estaba concentrado en Dinamarca coa selección de Estados Unidos.
Este novo confinamento, e se non hai máis contratempos, tamén obriga a suspender a próxima xornada en León. A cita do día 20 de febreiro ante o Cangas está no aire á espera da evolución.
Non é a primeira vez que a covid golpea ao club branco. No mes de outubro deuse o primeiro caso no plantel despois de enfrontarse ao Cuenca Ciudad Encantada e agora a historia volve repetirse xa que o último partido disputado polo equipo dirixido por Jabato tras o parón da Liga Asobal polo Mundial foi o pasado martes fronte o mesmo rival.
¡IMPORTANTE! El encuentro de @ASOBAL que debía enfrentar esta tarde a Dicsa Modular @ClubCisneBalonm y @BMGranollers queda suspendido por cuestiones sanitarias. Queda pendiente conocer la nueva fecha para la disputa del partido ¡Disculpad las molestias! #SomosCisne pic.twitter.com/KU2IBKGEDC
— DICSA Modular Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) February 6, 2021
Relacionadas:
-
O Cisne tramita a contrarreloxo a incorporación do brasileiro Guilherme Valadao
Por Diego Espiño |
-
Os xogadores do Cisne retoman os adestramentos superado o seu segundo confinamento da tempada
Por Diego Espiño |
-
Confirmado o aprazamento do derbi galego de Asobal entre Cisne e Cangas
Por Redacción |
-
Confirmados dous positivos máis no Cisne, que espera volver os adestramentos esta semana
Por Almu Dapena |
-
O vestiario do Cisne segue en corentena e o club pedirá a suspensión dos dous próximos partidos
Por Manu Otero |
-
Segundo partido tras o parón do Cisne recibindo o Granollers
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
A inactividade pasa factura ao Cisne en Cuenca no regreso da Liga Asobal (36-25)
Por Diego Espiño |