Viaxe a Puerto Sagunto do Cisne para un partido "de los que necesitamos ganar para intentar salvar la categoría"
Por Diego Espiño
Regreso á competición para o Dicsa Modular Cisne superado o seu segundo gromo de covid da tempada, e volta cun duelo dos importantes, "casi una final como quien dice", recoñece o seu segundo adestrador Marcos Otero 'Quiños'.
Os pontevedreses visitan este sábado (18.30 horas) a pista dun rival directo pola permanencia na Liga Asobal como é o Puerto Sagunto, equipo que lle precede na táboa con 9 puntos, a 2 de distancia.
"Es un partido complicado, de los que necesitamos ganar para intentar salvar la categoría", asegura Quiños vendo como "los rivales directos están sumando, por lo que si queremos salvar la categoría en canchas como estas tenemos que dejarnos todo lo que tengamos para intentar sumar".
Todo iso aínda sabendo que "quizás no llegue en nuestro mejor momento porque no hemos podido tener la preparación necesaria", sinala en relación ao único partido que puideron disputar en 2021 antes de ser confinados de novo.
Un hándicap engadido será tamén a dificultade para o desprazamento ata a Comunidade Valenciana, que tras varios cancelacións de reservas esta previsto completar ata Madrid en avión para coller despois o AVE a Valencia, xa na matinal do sábado e tras facer noite na capital.
Da convocatoria de Jabato cae Andrés Sánchez por lesión e tampouco viaxa Jose Leiras.
Relacionadas:
-
Un Cisne de dúas caras estrélase co Puerto Sagunto e ve perigar a salvación de categoría (35-23)
Por Almu Dapena |
-
Álvaro Preciado repite concentración coa Selección Española Júnior e mira cara ao Mundial da categoría
Por Redacción |
-
Jabato leva a Daniel Virulegio e Carlos Álvarez de concentración coa Selección Española Xuvenil
Por Redacción |
-
Preocupante lesión de Andrés Sánchez no Cisne
Por Diego Espiño |
-
O Cisne tramita a contrarreloxo a incorporación do brasileiro Guilherme Valadao
Por Diego Espiño |
-
Os xogadores do Cisne retoman os adestramentos superado o seu segundo confinamento da tempada
Por Diego Espiño |