Sen xornada de Asobal pola Copa do Rei, pero con partido para o Cisne
Por Redacción
A fase final da Copa do Rei, que se disputa do 5 ao 7 de marzo en Madrid, volve frear en seco o ritmo de competición do Dicsa Modular Cisne.
Os pontevedreses, que acaban de volver á actividade tras un gromo de covid xogando ante o Puerto Sagunto o seu segundo partido do ano, non poderán unha vez máis encadear dúas xornadas consecutivas por esta efeméride, pero buscáronse a vida para seguir mellorando a súa posta a punto.
Aproveitando o final da primeira fase de liga na División de Honra Prata o Cisne visitará o Atlético Novás o vindeiro venres 5 de marzo (20.15 horas) no I Trofeo CCMM do Rosal, un equipo que prepara a súa participación na fase de ascenso á máxima categoría.
Unha boa pedra de toque por tanto para os de Jabato, que caeron á última posición da Asobal pero que non renuncian no seu empeño de pelexar pola permanencia anunciando batalla ata onde as forzas lle aguanten.
Dáse a circunstancia de que Cisne e Novás xa se ían a medir nun amigable para mediados de xaneiro, no Memorial Luaces en Pontevedra, pero a cita tivo que ser suspendida a última hora polos problemas do conxunto do Rosal para chegar á cidade do Lérez debido aos peches perimetrais impostos nese momento e ao non tratarse dunha competición oficial.
O encontro poderá contar con público nas bancadas, cun límite de 180 espectadores.
Esta semana no hay competición en @ASOBAL, pero si tendremos partido...¡Nos vemos en O Rosal donde nos enfrentaremos al @atleticonovas! #VamosCisne #OrgullososdoNoso https://t.co/DcyNfSyYqT
— DICSA Modular Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) March 2, 2021
Relacionadas:
-
O Cisne vence o Atlético Novás no I Trofeo CCMM do Rosal (29-32)
Por Redacción |
-
Malas novas para o Cisne: Andrés Sánchez ten roto o ligamento cruzado do seu xeonllo
Por Diego Espiño |
-
Un Cisne de dúas caras estrélase co Puerto Sagunto e ve perigar a salvación de categoría (35-23)
Por Almu Dapena |
-
Un Cisne de dúas caras estrélase co Puerto Sagunto e ve perigar a salvación de categoría (35-23)
Por Almu Dapena |
-
Álvaro Preciado repite concentración coa Selección Española Júnior e mira cara ao Mundial da categoría
Por Redacción |
-
Jabato leva a Daniel Virulegio e Carlos Álvarez de concentración coa Selección Española Xuvenil
Por Redacción |
-
Preocupante lesión de Andrés Sánchez no Cisne
Por Diego Espiño |
-
O Cisne tramita a contrarreloxo a incorporación do brasileiro Guilherme Valadao
Por Diego Espiño |