Álvaro Preciado repite concentración coa Selección Española Júnior e mira cara ao Mundial da categoría
Por Redacción
A súa notable tempada de estrea na Liga Asobal non pasa desapercibida para os técnicos da Real Federación Española de Balonmán.
Álvaro Preciado, peza importante nos esquemas de Jabato no Dicsa Modular Cisne, foi citado pola Selección Española Júnior para unha concentración que se celebrará entre o 8 e o 14 de marzo en Torrelavega.
Será unha actividade paralela á do combinado nacional xuvenil, á que acudirán outros dous xogadores cisneístas como Daniel Virulegio e Carlos Álvarez.
No caso de Preciado, a continuidade do primeira liña nos plans da selección da súa categoría reforza as súas opcións de poder acudir o próximo verán ao Campionato do Mundo Junior que se celebrará en Hungría.
De feito a preparación desa cita internacional é o principal obxectivo dos Hispanos Júnior, con 18 xogadores convocados polo seleccionador Rodrigo Reñones.
"Hay que intentar trabajar lo máximo y lo mejor posible porque tenemos poco tiempo de preperación a causa de la COVID-19, y cada detalle se debe aprovechar", recoñece Reñones, que destaca que "nuestra idea es perfilar el bloque que podremos llevar este verano al Mundial, por eso mantenemos buena parte de la anterior lista y damos entrada a jugadores que están ofreciendo un buen nivel en sus clubes, con el objetivo de tener una convocatoria competitiva".
Na lista figuran ademais tres representantes do Balonman Luceros, como son o lateral esquerdo Brais González, o extremo esquerdo Daniel Fernández e o pivote Alberto Martín.
Relacionadas:
-
Sen xornada de Asobal pola Copa do Rei, pero con partido para o Cisne
Por Redacción |
-
Viaxe a Puerto Sagunto do Cisne para un partido "de los que necesitamos ganar para intentar salvar la categoría"
Por Diego Espiño |
-
Jabato leva a Daniel Virulegio e Carlos Álvarez de concentración coa Selección Española Xuvenil
Por Redacción |
-
Preocupante lesión de Andrés Sánchez no Cisne
Por Diego Espiño |