O Cisne vence o Atlético Novás no I Trofeo CCMM do Rosal (29-32)
Por Redacción
A parada obrigada da liga Asobal pola disputa da fase final da Copa do Rei obrigou ao Dicsa Modular Cisne a buscar unha alternativa para non frear o ritmo de partidos. Por ese motivo, o equipo de Jabato desprazouse o Rosal para disputar o I Trofeo CCMM ante o Atlético Novás e afrontar da mellor forma a fase final ligueira.
Os de branco dominaron no electrónico desde o inicio de xogo, demostrando a súa superioridade e fortaleza defensiva que lle fixo irse cunha diferenza de ata 8 puntos cando se alcanzou o descanso (11-19).
O Atlético Novás foi de menos a máis e, despois do paso polo vestiario, reduciu distancias para meterse de cheo no partido e obrigar ao técnico visitante a parar o cronómetro (17-20). As palabras de Jabato deron os seus froitos e o Cisne pisou o acelerador para facerse cun colchón de 6 goles cando se alcanzaba o ecuador do segundo acto (21-27).
Baixou os brazos o equipo lerezano e sufriu na recta final cando o Atlético Novás reduciu distancias para poñerse a un tanto do empate (29-30). Con todo, o Cisne fixo valer a súa condición de equipo de maior categoría para, nos instantes finais, sentenciar cun parcial de 0-2 e facerse coa vitoria (29-32).
A próxima cita de Liga Asobal para o Dicsa Modular Cisne será o mércores 17 de marzo no Pavillón Municipal ante o Helvetia Anaitasuna.
Relacionadas:
-
O Cisne leva o Memorial Luaces ao superar o Novás no Municipal (27-26)
Por Diego Espiño |
-
O Cisne pon data aos seus tres partidos aprazados e prepárase para un calendario terrorífico
Por Diego Espiño |
-
Malas novas para o Cisne: Andrés Sánchez ten roto o ligamento cruzado do seu xeonllo
Por Diego Espiño |
-
Sen xornada de Asobal pola Copa do Rei, pero con partido para o Cisne
Por Redacción |
-
Un Cisne de dúas caras estrélase co Puerto Sagunto e ve perigar a salvación de categoría (35-23)
Por Almu Dapena |